viernes, diciembre 22, 2006

Civilización vs. Destrucción

(Foto: tabliña con escritura cuneiforme. O territorio do actual Iraq foi o berce da nosa civilización. A súa destrucción no pode significar outra cousa que o seu fin.Foto: proyectonautilus.com.)

Xa tiña ganas de volver a este recuncho de tranquilidade e reflexión. Estes días as miñas lecturas foron un tanto apocalípticas e seguramente non as comentaría aquí se non se produciran novas tan desacougantes. O aforcamento de Sadam é o agasallo que Papá Noel - o mister danger que diría Chávez- tiña preparado para este nadal. Moitas conciencias quedarán tranquilas, claro que si. Forma parte da derradeira moda de agasallo alternativo que serve para aliviar a nosa mala conciencia. ¿que máis ten que morran cada día cen ou duascentas persoas no país de Sadam como consecuencia da irreversible situación de violencia que o Tío Sam levou un día envolta nunha bandeira de barras e estreliñas de colores? Non son días para estar tristes, e ademais é máis fácil así, ahh! ¡que liberación para as atoadas mentes dos que queren ser cada día máis simples! ¡o culpable está aí, coa corda ao pescozo! A galiña segue a estar cega, para iso estan a traballar tantos mister danger no mundo. Lembro cando o do Prestige tamén a cegueira colectiva. Contáronme que un home nunha praia enchoupado de merda ata os xeonllos berraba indignado: - ¡no veo chapapote por ninguna parte! ¿dónde está esa contaminación de que tanto hablan para fastidiar a Rajoy?

Fernando Báez é seguramente o home que máis sabe sobre destrucción de libros e bibliotecas. A súa obra "Historia universal de la destrucción de libros" é unha auténtica historia universal da infamia. A súa propia vida estivo marcada por estarrecedoras experiencias como o asolagamento da biblioteca na que vivía de neno polo desbordamento do río Guaraní. Os seus libros son o resultado dunha laboriosa investigación sobre a destrucción e tamén unha reflexión profunda sobre as causas deste fenómeno que é tan antigo como o propio libro. Non pode haber unha lectura máis de actualidade. As épocas máis avanzadas foron tamén as que máis libros queimaron. Hoxe, na Sociedade da Información e do Coñecemento da que tan fachendosos nos amosamos prodúcense tamén os fenómenos de destrucción de información máis vergonzosos.

Máis información:
Sobre a destrución do Iraq: Iraq, Guerra y Ocupación, do profesor Manuel Cáceres Sánchez.

Boa música. Área reservada de Radio 3



Os que gustamos do delicioso programa Área Reservada, de Radio3, estamos de sorte. Na emisión de hoxe Antonio Fernández agradecía a creación deste blog sobre os contidos do programa. Neste panorama de deserto tártaro e remakes que atopamos no eido musical, este espazo radiofónico é un oasis de calidade tanto de músicos xa consagrados como de novos creadores. Aquí coñecín, por exemplo ao grupo alemán de jazz TokTokTok, e outros como Hiram Bullock, Jamie Cullum..etc. O prográma emítese diariamente de 14:00 a 15:00 horas.

martes, diciembre 19, 2006

Vía Brétemas vos achego o primeiro anuncio dun libro galego na televisión. Curioso. Non lembro xa este anuncio do ano 1986, sen dúbida ando mal de memoria. O caso é que tampouco me ven á cabeza ningún anuncio de libros galegos na nosa televisión autonómica. Os únicos casos dos que teño noticia son estes.

domingo, diciembre 17, 2006

Agasallos navideños

Segundo o derradeiro telexornal o que está agora de moda como agasallo navideño é a inxección de toxina botulínica. Malia a miña incredulidade en deuses e fadas non fun quen de reprimir o clásico berro !xesús¡ e rauda e veloz corrín ao google na procura de significados. Non daba crédito. (Foto: El mundo)
Tamén está causando sensación o derradeiro invento xapones para Nintendo, o famoso Brain Age o xogo que en España está a popularizar Amparo Baró. Onte preguntei nunha tenda de xoguetes e, non o ides crer. A vendedora non se cansou de desaconsellarme este invento que por mor dunda enganosa publicidade está provoncando as iras de moitos compradores. O caso é que, segundo a vendedora (tanto espíritu crítico na venda dun xogo electrónico nestas épocas sorprendeume aínda máis) moitos clientes, seguramente debido á contaminación acústica, visual e gastronómica destas datas, pensan ou imaxinan aos seus maiores como Amparos Barós, e claro, logo veñen os disgustos cando se dan de conta das dificultades que teñen estas persoas para manexar perifollos (que diría Forges) tan estraños a eles. En principio moitos non son capaces de agarrar o lapiceiro e xa non digamos o de ver neste tipo de pantallas. O resultado é que se enfadan os vellos pois non entenden con qué idea lle meten este becho nas mans, e se enfadan os fillos e os netos que ven neles a uns desagradecidos. Saín da tenda de xoguetes pensando no parecido cada vez maior que temos coa familia Simpon. Somos parvos a conciencia.

¡lembra! Antes de deixarte arrastrar polo novo flautista de Hamelín do mercadeo navideño R E F L E X I O N A. Primeiro, non é preciso mercar nada, para amosar o noso aprezo por alguén. Por outra banda, os condicionais da moda poden dar un paseo pola Europa civilizada para ver que este ritual demodé e hortera de luces, papás noeis rampantes e cervos que pola noite moven a cachola (o meu veciño ven de poñer un no seu balcón) xa non se leva. Só de pensar que os nosos cartos serven para poñer por exemplo máis de tres millóns de bombillas para o alumeado de nadal...Aquí vos deixo algunhas ideas para agasallar en calquera data do ano...Un libro: Los girasoles ciegos de Alberto Méndes, Unha película: La mirada de Ulises de Theo Angelopoulos, Un compromiso, por exemplo unha invitación para asistir a un espectáculo coma este.
Un chisco de humor do xenial Forges pode servir para non respostar á chamada da selva.


(Continuará: polo menos ata os primeiros días de xaneiro)

miércoles, diciembre 13, 2006

IN-RECS índice de impacto das Revistas Españolas de Ciencias Sociais

In-Recs é un índice bibliométrico que ofrece información estatística sobre citas bibliográficas coa finalidade de determina-la relevancia e impacto científico das revistas españolas de ciencias sociais, dos autores que publican nelas e das institucións ás que pertencen. Permite coñecer de xeito individual as citas bibliográficas que reciben os traballos publicados en revistas científicas españolas e desta forma coñecer o impacto real que tiveron na comunidade científica á que se refiren. Éste índice publica anualmente no último trimestre do ano listados de revistas, autores e institucións ordenados segundo o seu impacto. Dende o día 11 podemos consultar os datos actualizados no seu enderezo web.

Máis información:

RESH: Revistas Españolas de Ciencias Sociales y Humanas.Valoración e índice de citas.Cindoc/CSIC.

Guía do Journal Citation Report (Uned)

Magnífico blog sobre o tema: Bibliometria

lunes, diciembre 11, 2006

A Galipedia acada os 20.000 artigos

Este é o meu amigo Víctor traballando na Galipedia. É un dos colaboradores anónimos deste grande proxecto que medra día a día e que ven de superar os 20.000 artigos. Convídovos a visitar este traballo feito por persoas que dende o anonimato contribúen a espallar pola rede a cultura e a lingua galegas. Víctor e outros coma él non perden a paciencia malia os vándalos ideolóxicos e outros virus non só informáticos que pululan pola rede. Da gusto escoitalo falar tan apaixoadamente das contribucións de tanta xente que inviste o seu tempo enriquecendo o ciberspacio con este e outros proxectos irmáns como o Wikipedia Commons (repositorio fotográfico), o Galizionario, Wikisource, e tantos outros. A xa famosa Web 2.0 veu para quedar, así que botade unha ollada se aínda non sodes socios deste club. Por certo aínda non hai contidos para o tema da muller ¿a que esperamos?

sábado, diciembre 09, 2006

La mina del diablo de Richard Ladkani y Kief Davidson en Documenta 2

Grazas ao programa Documenta 2, unha excepcional aposta pola calidade e información que fan que aínda teña sentido prender a TV de cando en vez, coñecín a Basilio, o rapaz da fotografía da esquerda, un neno de 14 anos que traballa na Mina do Diaño, xunto co seu irmán Bernardino, creo que se chamaba. Miralo coa miña ruliña de 15 anos foi xa unha proeza porque non é nada doado ganarlle a partida ao messenger, e aínda menos cun rival en principio tan feble: un documental sobre os nenos mineiros de Bolivia, pero sei que pagou a pena. Basilio cóntanos cómo é a súa vida na mina dende unha sabiduría precipitadamente madura que o obrigou a exercer de pai de familia. A súa expresión e as súas verbas non pretenden conmovernos, ten unha mirada tan limpa como a que reflexa a fotografia da esquerda. Fala coa seguridade do que sabe o que quere, porque ten que vivir hora tras hora, día tras día no inferno, literalmente. Unha das esceas que más me emocionou foi a explicación que lle deu ao seu irmán cando o leva a presentarlle ao tío (o demo) que está representado en tódalas minas:
¿sabes quen é o tío?, non, cando viñeron os españois os indios pensaron que eran deuses pero logo que os meteron nas mitas os indios protestaban porque os facían traballar vintecatro horas seguidas e descansaban só tres e entón os españois que sabían que os indios tiñan moitos deuses asustáronos dicíndolles que se non traballaban un deus os mataría (o demo) e como en quechua non tiñanos a letra "d" para deus entón empregaron o "t" e por iso lle chamamos o "tío".
Cincocentos anos despois da conquista a situación non é moito mellor. A mita, o sistema de explotación na época colonial, é a forma embrionaria do actual sistema de explotación derivado do desenvolvemento incontrolado do capitalismo, que unha vez liberado do seu competidor deu nunha sorte de globalización económica baseada na procura das desigualdades, marxinacións e inxustizas que se precisan para manter ao primeirísimo mundo no cumio da degradante, hipertrofiada e espero que autodestructiva opulencia.
A foto da dereita representa a un rapaz mascando coca, forma parte do artigo de Mª Jesús Rodríguez de la Esperanza, "Bolivia: arqueología viva de la minería colonial". Non hai moita información na rede sobre o tema. Malia a importancia deste documental, premiado en moitos festivais, na web en español se produrades "El diablo en las minas" atoparedes máis páxinas de xogos e de esoterismo en xeral que información sobre a película. En fin.
(2005) 81'56'
'DIRECCIÓN: RICHARD LADKANI, KIEF DAVIDSON
GUIÓN: RICHARD LADKANI, KIEF DAVIDSON
FOTOGRAFÍA: RICHARD LADKANI
MÚSICA: LEONARDO HEIBLUM, ANDRÉS SOLIS
PAIS DE ORIGEN: ESPAÑA

jueves, diciembre 07, 2006

Non recomendado. La pasión por los libros. Un acercamiento a la bibliofilia. Francisco Mendoza (etc)

Unhas poucas frases graciosamente irónicas e o interese do tema provocaron que adicara a este libro moito máis tempo do que merece. Teño unha tendencia incorrexible a admirar toda obra publicada, e como consecuencia acumulo tamén moitas sensacións de fraude. O bo ánimo co que literalmente collín este libro foi minguando pouco a pouco ata que literalmente non tiven forzas para sostelo, e para evitar unha dolorosa caída, decidín deixalo cómodamente deitado no seu anaquel, de onde espero que no saia en moito tempo. Primeiro foron algunhas frases de gusto dubidoso, logo unha rinchante linguaxe sexista que se regodeaba no masculino e nos tópicos dos días de Quevedo e por fin o lamentable capítulo Nuntio vobis magnun gaudium: habemus bibliophilas (é non fala dos coñecidos bechos devoradores de papel). Aquí é onde Mendoza (négome a copiar o resto dos seus apelidos de que tanto se gaba, como todo erudito demodé que se precie) se descalifica a sí mesmo. A verdade, facía tiempo que no lía perlas coma estas:
Algunos niegan la misma existencia de las bibliófilas, cuando, para empezar, estamos bajo el celestial patrocinio de una mujer.
Esta frase, no sei, déixame como un certo sabor acedo, como logo de pegarlle un bocado a un caqui silvestre...
El coleccionismo en general y la bibliofilia en particular son actividades históricamente reservadas a los varones.
Esta outra lémbrame un antigo libro ilustrado con todo tipo de enfermidades venéreas, pero ollo, todo pode ir a peor:
Las mujeres no tenían costumbre de coleccionar nada; si acaso, objetos de poco precio y escaso volumen: dedales, hueveras, frasquitos de perfume, pilas de agua bendita, búhos de diversos materiales...Quizá esto se deba principalmente a que durante casi toda la historia de la humanidad-a consecuencia de la absurda e injusta misoginia imperante-tuvieron menos relevancia social, capacidad de decisión e independencia económica que los varones, pero es probable que su escasa afición al coleccionismo constituya también la mejor prueba del superior sentido común de las féminas. Y no es que las hijas de Eva sean inmunes a la neurosos y al taedium vitae, sino que difieren de los hombres en los métodos de combatirlo: por ejemplo, hacen footing, aerobic o shoppìng, juegan al bingo o al brigde, practican la maledicencia, dan en la devoción....
Algúns vos estaredes preguntando de onde saiu este dinosaurio; pois non o sei, pero da medo, sobre todo cando lemos tamén unhas cantas liñas despois:
...las mujeres son cronófagas, como bien dice Juaristi: necesitan que les hagamos caso, o, lo que es lo mismo, que les dediquemos tiempo...
¿será o Juaristi que fora director do Instituto Cervantes nomeado por Aznar?
¿que vos parece? ¡nas mans de quen anda a cultura!

lunes, diciembre 04, 2006

Witold Gombrowicz. "Cosmos"


Logo dunha fin de semana enteiramente dedicada a Gombrowicz tratarei de vos convencer e converter á súa obra. "Cosmos" é un relato para min inclasificable aínda que o autor ten claro que é unha novela policíaca, é dicir, un intento de organizar o caos. Segundo G. por eso mi Cosmos, que me gusta llamar una novela sobre la formación de la realidad, será una especie de novela policial. Seguimos tamén as súas referencias agora do diario de 1963 (traduzo ao galego): Acordo dous puntos de partida: a) un pardal pendurado; b) a asociación entre a boca de Katasia e a boca de Lena. Estes dous problemas esixen un sentido. Un métese do outro cara a totalidade. Deste xeito comeza un proceso de suposicións, asociacións, investigacións, algo que se vai crear, pero trátase dun xerme máis ben monstroso, un aborto... e este rebus oscuro, incomprensible, esixirá unha solución...procurar unha Idea que explique, que impoña unha orde...
Personaxes: Witold, Fuks, Lena, Sra. Wojtys (Dña. Bolita), Katasia, Ludwik, Leon, Krysinsky, Tulos, Jadeczka, Lulo, Lula, sacerdote.
Máis información:

Witold Gombrowicz, en el centenario de su nacimiento, Documentos inéditos, por Eduardo Gimenez

Witold G. en la Wikipedia

W.G. en Argentina. Literatura.org


domingo, diciembre 03, 2006

Maestros da luz, Premios nacionais de fotografía, en Vigo

(Foto: C.García Rodero: Carnaval.Jachel. Serie Rituales en Haití)

Durante uns días podemos disfrutar na nosa cidade da mellor fotografía coa exposición Maestros de la luz, premios nacionales de fotografía. Un percorrido pola historia desta arte a través dos mestres Francesc Catalá Roca, Toni Catany, Ouka Lele, Agustí Centelles, Gabriel Cualladó, Joan Colom, Carlos Pérez Siquier, Ramón Masats, Javier Vallhonrat, Joan Fontcuberta, Chema Madoz, Cristina García Rodero, Humberto Rivas, Alberto García-Alix,

Para ilustrar este comentario elixín únha obra da xenial C.García Rodero pola forza que desprende esta composición.


Máis información:
Datos da exposición, stylusart

jueves, noviembre 30, 2006

A Biblioteca Nacional do Iraq.

Vía Iwetel recibo este correo que pode dar unha idea da actual situación do Iraq logo de tres anos de democratización forzosa, e o estado de terror que afecta tamén a bibliotecas e bibliotecarios:

Yes dear.
I am writing this e-mail from my office. I cannot leave my office, because of the fighting in the area surrounding the National Library. Best Regards. Saad.
___
Dear Saad SkanderIs true that another young librarian was recently murdered, and the building had been shelled several times in the few days previous to the closing?Thanks in advance,Dr. Fernando Baez.
(Viñeta: El Roto)





martes, noviembre 28, 2006

Academia Postal, así non.

Traballei en Academia Postal durante 11 anos, e aínda que daba por definitivamente pechada unha etapa moi dura na miña vida, na que traballei unha media de 10 horas diarias e baixo unha presión constante, hoxe, mira ti por donde, cae nas miñas mans este libro. Non é que me sinta especialmente orgullosa do que fixen pero polo menos esperaba atoparme entre a lista de autores, pero non, mira ti. Malia o esforzo que supuxo este traballo (lembro que os test os facía despois das clases, o que quere dicir despois das dez da noite, ata podo lembrar o recuncho donde fixen cada un) non figuro como autora de ningún. Academia Postal roubou moitas horas á miña famila, ao meu tempo de lecer e moitas horas de lectura, e malia que trato de quedarme só cos mellores momentos, esto, colegas doeume moito porque aínda que estaba afeita a ver o meu material firmado por unha tal Maria Jesús o que non podo crer agora é que teñan a desvergonza de editalo, en fin.....

Grazas Torredebabel

Torredebabel é cos seus Fíos Invisibles unha referencia obrigada na blogosfera galega. Hai tempo que sigo o seu traballo; para min é a parte humana da rede. Profesora na universidade de Bos Aires, xornalista e animadora "number one" dos principiantes coma min nesta outra cara do espello, agasállanos cun flamante artigo sobre os blosg galegos. Se queredes unha visión completa do tema gardade este traballo porque aquí fala dos que saben disto e contribúen cos seus cadernos de bitácora a presenza da nosa lingua na rede.

lunes, noviembre 27, 2006

XESTORES BIBLIOGRÁFICOS



Os xestores bibliográficos son programas moi interesantes para xestionar as referencias bibliográficas. Axudan a levar dun xeito máis organizado o tema da recopilación de bibliografía porque permiten non só tela reunida e organizada de diversos xeitos, podemos tamén importar rexistros de bases de datos, catálogos de bibliotecas, procesadores de texto, insertar citas no texto, elaborar unha bibliografía final e por suposto manter actualizadas as nosas propias bibliografías. É unha mágoa que non teñamos productos nacionais deste tipo porque non cabe dúbida de que o uso deste software implica tamén unha metodoloxía de traballo moitas veces allea a nós. Un dos xestores bibliográficos máis completos é Procite. Aquí tendes unha guía para o seu uso. Outro moi empregado é RefWorks. Case todas as bibliotecas universitarias ofrecen aos usuarios este tipo pruductos e pódense instalar e empregar de forma gratuita dende os ordenadores das propias universidades. A Biblioteca da Universidade de Vigo ten adquirido este software dente hai tempo e profesores, alumnos e investigadores poden facer uso de Procite e RefWorks.

Mazen Kerbaj no festival Maslakh



O grupo de novos artistas libaneses que xa vos presentei hai un tempo está estes días en Berna onde organizan o festival Al Maslakh. Prégovos outra vez que non deixedes de segur as pegadas destes rapaces que malia a dor e a guerra endémica que martiriza aos seus, seguen a facer música, a pintar e a facer arte. Os diarios gráficos de Mazen e Laure son unha ledicia ao tempo que nos manteñen informados da dura realidade do seu país. Aquí tendes un bo sitio para disfrutar da obra de Mazen. A min estes rapaces téñenme totalmente namorada.

sábado, noviembre 25, 2006

Polo orgullo e a reveindicación do feminino. Con afecto, Luz Darriba

Esta é a miña achega neste día contra todo tipo de violencia familiar, sobre todo contra as mulleres, unha vella forma de terror consentido e tristemente perpetuado en tódolos tempos e civilizacións.
Permítome adicarvos as verbas que me escribiu Luz Darriba na feira Puro Arte. Alí estaba Luz, nun recuncho da feira, no medio dos máis grandes, coa súa serie "Punto de Cruz".
Malia o pequeno formato da obra exposta, a forza destes fíos de sangue que se cravan no pano paralizáronme de golpe. De socato desaparecen os Mirós e os Picassos, e esa agulla que a artista deixou prendida no lenzo (na palabra labor) lémbrame...
Luz Darriba ten xa percorrido moito camiño no mundo da arte e da reveindicación do feminino, as súas actuacións máis sobranceiras son as intervencións entre as que destacan PATCHWORK "farrapos pola non violencia contra as mulleres" (2004, Santiago), Libing ROOM, unha construcción con libros de una casa, GUANTE NEGRO, GUANTE BLANCO, instalación con 30.000 pares de guantes en la Plaza de Santa María de Lugo, tamén contra a violencia de xénero, SEÑALES, intervención de 72 semáforos da Ronda da Muralla de Lugo con iconos femininos, BIBLIOTECAS DE BABEL, Barricadas de libros, recinto amurallado de lugo adicado a Borges, e este ano o ENCRUCILLADO do Obradoiro.

jueves, noviembre 23, 2006

A miña achega ao III Simposio "O libro e a lectura": De bibliotecas universitarias a CRAIs

No III Simposio sobre "O Libro e a Lectura" participei na mesa redonda de "Bibliotecas e Novas Tecnoloxías" con unha presentación sobre a situación das bibliotecas universitarias e a súa transformación en Centros de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación (CRAIs). Podedes consultala aquí.
Con Slideshare podedes subir presentacións á rede. (grazas a M.Gago e Catuxa pola información)

miércoles, noviembre 22, 2006

Escrituras nómades


Para mirar a través do espello e ver o mundo da escritura dende perspectivas non lineais e deterministas aquí está todo. ¿como é un texto cubista? ¿o hipertexto é tan moderno?, a arbitrariedade do signo lingüístico ¿ten que condicionar a nosa vida? As linguas divinas, inventadas, as dos mortos, a materialidade da escritura, etc. Interesantísimo traballo de Belen Gache. Seguiremos as súas pegadas.
Para saber máis: Reseña de J.A.Millán
Revista UNAM-MX

Bibliotecas municipais, bibliotecas en Vigo e outras utopías culturais

(www.vigoenfotos.com)

O III Simposio sobre o libro e a lectura lémbranos outra vez o raquitismo galego no eido da planificación de bibliotecas a nivel municipal e bibliotecas escolares, precisamente as máis importantes para o desenvolvemento educativo e cultural de calquera comunidade. Houbo intentos de sacar brillo a un ou dous exemplos que medianamente funcionan pero esquencemos de novo o insoportable subdesenvolvemento do resto do sistema. Xa atopei en varios medios moitas loubanzas sobre as excelencias da rede de bibliotecas municipais da Coruña, aínda que tamén me contaron moitas eivas que me fan pensar nunha mera operación publicitaria. Non deberíamos gabarnos tanto cando só estamos a saír dun atraso monumental no que a bibliotecas municipais e escolares se refire. O tema é grave e deberiamos admitir as críticas que contra todo este abandono secular se fai dende moitos puntos, aínda que por mor desta abafante moda do políticamente correcto cada vez son menos os que petan na mesa para espertar aos osos cavernarios dos nosos representantes-xestores-técnicos-políticos culturais.. No mencionado Simposio, Gabriel Beceiro tirou unha pedra contra as fiestras dos adormecidos funcionarios que sistemáticamente fan deixación das súas funcións no que a bibliotecas se refire e en todo o relativo a políticas activas que realmente se interesen polo cidadán en temas culturais. Porque unha biblioteca municipal ben dotada e xestionada non pode ser considerada un equipamento de luxo, non se lle pode negar á xente a posibilide de informarse, de ler, de estar mínimamente ao día, de que se poida formar unha opinión máis ou menos crítica para logo participar nas desicións políticas. O tema ven de vello e son pesimista, creo que vai para largo. Este país galego segue regodeándose por veces no seu atraso. As administracións locais seguen a ser illas de dificil acceso para as formas democráticas e transparentes e seguen a ser recunchos nos que os máis listos do pobo acaban por facerse co cumio dunha morea de servidores só interesados por arrapañar un pouco de aquí e quitar outro pouco de alá, ¿para que se queren bibliotecas? Xa temos asociacións que fan cursiños de pintar cestos e campionatos de chave. E logo temos o que temos. Unhas estatísticas que nos sitúan no final da cola. Brétemas publica no seu blog as conclúsións do III Simposio sobre o Libro e a Lectura. A situación de Vigo no tema de bibliotecas ven sendo denunciada dende hai xa moitísimo tempo e a cidade segue a sufrir unha carencia de postos lectura por cidadán totalmente superana no noso entorno nacional e europeo hai decenios.
A foto correspóndese coa Biblioteca Central de Vigo, unha cidade de 300.000 habitantes no ano 2006. Non digo nada máis.

domingo, noviembre 19, 2006

Puro Arte en Vigo


Si señor, por fin un macroevento artístico en Vigo, estivemos de sorte. A visita ao Ifevi desta fin de semana deixará unha fonda pegada nesta cidade. Seguro que foron moitos os cidadáns que por primeira vez tiveron contanto coas tendencias máis actuais das últimas tendencias artísticas. Moita obra e moita calidade, Miró, Picaso, Man Ray... pero tamén Soutomaior, Maruja Mallo, Lamazares, e os máis novos. Por momentos semellaba que estabamos no interior da Tate de Londres. A obra de Noé Serrano, "El funcionario", amósanos a visión que unha grande parte da sociedade ten dos servidores públicos, para iso tamén serve a arte. Precísase sentido de humor e unha boa dose de autocrítica para mirar imaxes como esta sen recurrir ao desprezo tan doado co que a cotío rexeitamos as imaxes con que ás veces nos agasallan os espellos. Para os que negan sen pensar a relación deste tipo de obras co concepto de arte que lembren as figuras deformes de monstros, arpías, etc. dos capiteis románicos ou das gárgolas das catedrais, os monstros de Goya, os ananos de Velázquez. Tamén estaban alí obras de Werner Reiterer, como a súa instalación "Hoches C!", John de Andrea, Juliette" y "Cierva", Bloc Sabbath de Richard Stipl, "50€ el kilo" de Carlo de Meo , "Two cunt faced" de Jaken and Dinos Chapman e algúns exemplos de Luz Darriba , a autora do proxecto "Farrapos pola non violencia contra as mulleres" unha artista que nos lembra a escravitude da muller na súa obra.

miércoles, noviembre 15, 2006

Recomendación de lectura profesional

"Información, conocimiento y bibliotecas en el marco de la globalización neoliberal" de Pedro López y Javier Gimeno.
Malia os demasiados libros sobre os libros este é un bo exemplo de literatura profesional orixinal e crítica. Son un conxunto de artigos sobre a importancia, manipulación, censura, mercantilización, etc. da información. Especialmente indicado para as doenzas debidas a sancións por incumprimento de directivas europeas que nos están a afectar especialmente estes días. Por se alguén seguía a pensar que os dereitos de autor protexían a eses pobriños bohemios que malviven nun faiado cotroso ou que as bibliotecas están ao marxe da manipulación informativa.

martes, noviembre 14, 2006

Rinoceronte traduce a Houellebecq

Os rinocerontes seguen alegrándonos a vida. Hoxe chegou á biblioteca de filoloxía a tradución ao galego da derradeira novela do "enfant terrible", Michael Houellebecq. Deste editorial gústame todo, os títulos, o deseño, o tacto dos libros, os colores, o feito de que sean veciños e agora tamén a súa web, e o seu blog
É unha editorial á medida d@ lector@...parabéns!
De Houellebecq xa falamos neste blog, sobre todo de Plataforma. A posibilidade dunha illa lémbrame esas estarrecedoras curtas futuristas que nos falan dun futuro gris, frío e como de metal...tipo Metrópolis de F.Lang. Bueno, todo iso máis os efectos da bioxenética e a biblia. En fin, hai que lela....

lunes, noviembre 13, 2006

III SIMPOSIO "O libro e a lectura"

Os xoves e venres desta semana celébrase en Santiago o III Simposio "O Libro e a Lectura, organizado pola Asociación Galega de Editores, Consello da Cultura Galega e CEDRO. Na miña achega, incluida no panel de reflexión sobre Bibliotecas e Novas Tecnoloxías, vou falar da situación actual das bibliotecas universitarias e a sua transformación en Centros de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación.
Aproveito para felicitar á Asociación Galega de Editores polo éxito que está acadando a celebración deste acto e tamén para agradecer a Manuel B. a invitación.

jueves, noviembre 09, 2006

Arquivos Militares...¿será verdade?

Veño de coñecer -Via Iwetel- a apertura dos arquivos militares. Poderíamos dicir o de "máis vale tarde...", pero non, non vale. Foron moitas as inxustizas que xa non teñen reparación, foron moitos tamén os relatos que quedaron sen escribir...moitos aburríronse de esperar, gastar cartos e chamar ás portas de burócratas murchos e arquiveiros do réxime. Bo momento para agradecer o traballo de historiadores que malia tantas dificultades na súas investigacións, acadaron traballos tan salientables, como Francisco Espinosa, por exemplo. Recomento outra vez, a lectura do seu traballo "La investigación del pasado reciente. Un combate por la historia".

domingo, noviembre 05, 2006

Libros así...NON, POR FAVOR.


Alguén me comentou a existencia do libro "Olores e sabores do saber" cando publiquei a foto de Roberto Ribao. O comentarista anónimo dicía que a foto de Roberto lle lembraba as que aparecían neste libro e me pedía que publicase algunha. Pois aquí está un exemplo. Teño que dicir que non hai color. Nada ten que ver a experiencia de Roberto, moito máis sutil e profunda, con estas que son un atentado á estética e á propia arte fotográfica. Pertencen a un libro (unha desfeita dende logo) editado pola Universidade de Vigo e que esta institución emprega para agasallar a diversas personalidades. Estou de acordo co comentarista porque eu tampouco entendo a participación de Carlos Casares no proxento. Malia a miña pasión polo libro non dubidaría agora mesmo en desfacerme de toda a tirada deste que vos presento. Primeiro, non creo que deba editarse un libro co único obxectivo de servir de agasallo. Si a Universidade quere agasallar libros non ten máis que encargar unha edición de luxo dalgún dos sobranceiros escritores, científicos, traductores, profesores ou técnicos que temos na casa. Gonzalo Navaza, Anxo Angueira, Eva Almazán (traductora de Brooklin Follies), Arturo Leyte, Teresa Caneda, Beatriz Suárez, María Jesús Fariña, Belén Martín, Jesús G. Maestro, e un longo etcétera. Por outra parte, xa son demasiados libros...que dixo Zaid, un ensaio que recomendo para os que só teiman por publicar.

viernes, noviembre 03, 2006

PROYECTO DE LEY DE LA LECTURA, EL LIBRO Y LAS BIBLIOTECAS

Vía La Moncloa

APROBADO EL PROYECTO DE LEY DE LA LECTURA, EL LIBRO Y LAS BIBLIOTECAS
La biblioteca se convierte en vehículo principal del hábito lector, con una dotación de 431 millones de euros hasta 2014.
Se establece un doble sistema de precios que consolida el precio fijo y liberaliza el de los libros de texto. Con ello se garantiza al ciudadano una oferta cultural plural y mayor competencia comercial.
La norma crea el Observatorio de la Lectura y del Libro, que tendrá como objetivo el análisis permanente de la situación del libro, la lectura y las bibliotecas.
El Consejo de Ministros ha aprobado la remisión a las Cortes Generales del Proyecto de Ley de la Lectura, el Libro y las Bibliotecas. El nuevo texto legislativo sustituye la actual regulación del libro, que se encuentra recogida en una normativa dispersa y en ocasiones preconstitucional, y se adapta a la actual organización del Estado, respetando el ámbito de competencia de las distintas Administraciones públicas y fijando el marco de colaboración con las mismas en esta materia.
Esta filosofía se plasma en el articulado del Proyecto de Ley a través de tres objetivos fundamentales: el primero, y más importante, es el impulso de la lectura, tarea en la que se quiere implicar tanto a los poderes públicos como al resto de la sociedad; el segundo es la defensa de la diversidad cultural en la medida en que ofrece mecanismos que garantizan una oferta plural tanto a nivel editorial como en las librerías; por último, moderniza la definición de libro y la adecua a la realidad tecnológica actual, al tiempo que busca pulsar periódicamente la realidad del sector y de los hábitos lectores para mejorarlos.
Planes de fomento de la lectura
Dado que el Gobierno considera que la lectura es una herramienta básica para el aprendizaje continuo en el marco de la sociedad de la información, en el Proyecto de Ley se dedica gran atención a la promoción de la lectura a través de los planes de fomento de la lectura, que quedan por primera vez recogidos en un texto normativo. Estos planes, que ya son desarrollados por el Ministerio de Cultura con carácter anual, irán acompañados de una dotación presupuestaria adecuada y tendrán especial consideración con la población infantil y juvenil y aquellos sectores más desfavorecidos socialmente.
Con el impulso de los planes de fomento de la lectura a través de este Proyecto de Ley, el Gobierno refuerza uno de los elementos que considera más importantes de su política cultural: aumentar el número de lectores. En este sentido, y según el "Estudio de Hábitos de Lectura y Compra de Libros", en los últimos cinco años, el conjunto de lectores frecuentes y ocasionales ha aumentado siete puntos porcentuales, hasta superar el 57 por 100 de la población mayor de catorce años, y leen el 74,9 por 100 de los jóvenes de catorce a veinticuatro años, mientras que el 84 por 100 de los niños de seis a trece leen libros que no son de texto.
En el marco de los planes de fomento de la lectura, la biblioteca se convierte en el vehículo principal de la extensión del hábito lector. El plan plurianual propuesto en el Proyecto prevé una inversión de 431 millones de euros hasta 2014, destinados en su práctica totalidad a la dotación bibliotecaria. El objetivo es alcanzar la disponibilidad de entre 1,5 y 2,5 libros por habitante, según las directrices IFLA-UNESCO. Actualmente, las bibliotecas públicas españolas ofrecen una media de 1,25 libros por habitante.
El texto explicita los principios y valores que deben regir las bibliotecas: la libertad intelectual y el acceso a la información; la igualdad de acceso a los materiales, instalaciones y servicios de la biblioteca sin que pueda existir discriminación por razón de origen, etnia, religión, ideología o género, y la pluralidad, en virtud de la cual las bibliotecas deberán poner a disposición de los usuarios la mayor variedad posible de documentos que reflejen la diversidad de la sociedad y su riqueza lingüística. En el Proyecto legislativo se resalta el papel de la cooperación bibliotecaria, que se basará en la cofinanciación, la corresponsabilidad y la reciprocidad de esfuerzos entre las distintas Administraciones y entidades privadas participantes.
Precio de los libros
El Proyecto de Ley consolida el precio fijo de los libros en respuesta a una política decidida de excepcionalidad cultural para garantizar una oferta plural. En España se publican anualmente cuarenta mil títulos que, como patrimonio cultural, se verían en peligro si estuvieran sometidos exclusivamente a las leyes del mercado.
Para los libros de texto se establece el precio libre, que sustituye al régimen actual de descuentos. El objetivo es garantizar una competencia leal entre los distintos ámbitos comerciales del libro. Esto redundará en el mantenimiento de las pequeñas librerías que, por un lado, representan la mayor red de venta de libros en España y, por otro, garantizan la rentabilidad de los libros de fondo, obras cuya existencia ayuda al mantenimiento del pluralismo cultural.
Nueva realidad tecnológica
El Proyecto de Ley adecua la definición de "libro" a los cambios tecnológicos. Se entiende por libro la obra científica, literaria o de cualquier otra índole que constituye una publicación unitaria editada en uno o varios volúmenes y que puede aparecer impresa o en cualquier otro soporte susceptible de lectura. En esta definición quedan incluidos los materiales complementarios de carácter impreso, visual, audiovisual o sonoro que sean editados conjuntamente con el libro y que participen del carácter unitario del mismo, así como cualquier otra manifestación editorial.
La adaptación a las nuevas tecnologías se extiende igualmente a la definición de los agentes que participan en el proceso editorial.
Promoción de los autores y de la industria del libro
El Ministerio de Cultura desarrollará campañas de promoción de los autores españoles que se expresen en castellano o en cualquiera de las lenguas cooficiales del Estado. Asimismo, podrá colaborar con las Comunidades Autónomas en las políticas de promoción literaria. En este sentido, la Administración General del Estado mantendrá un sistema de premios nacionales a favor de los autores de los principales ámbitos de la actividad literaria, científica y técnica.
La Administración General del Estado y sus Organismos Públicos podrán establecer programas de apoyo a la industria y comercio del libro en consideración a los valores culturales que representa y a su importancia industrial y económica. Estos programas tendrán en cuenta a las librerías, no sólo como lugares de venta de libros, sino también en su calidad de agentes culturales.
Según la "Panorámica de la edición española de libros", basada en datos de la Agencia Española del ISBN, el año pasado aparecieron en el mercado español 76.265 títulos. Se produjeron 337.244 millones de ejemplares, lo que supone un aumento del 25,3 por 100 con respecto al año 2004, y la tirada media subió a 4.619 ejemplares, lo que indica un incremento del 0,9 por 100 respecto a 2005. La industria editorial española se mantiene, desde el punto de vista de la exportación, como la tercera de Europa y la quinta del mundo, sólo por detrás de Estados Unidos, Reino Unido, Alemania y China.
El Observatorio de la Lectura y del Libro
Al objeto de definir el libro en su realidad actual y conocer la situación real del sector y de los hábitos lectores para mejorarlos, el Ministerio de Cultura creará el Observatorio de la Lectura y del Libro. Este organismo tendrá como objetivo el análisis permanente de la situación del libro, la lectura y las bibliotecas. Le corresponderá también el promover la colaboración institucional, en especial con observatorios u órganos de similares funciones que existan en las Administraciones Autonómicas, el asesoramiento, la elaboración de informes, estudios y propuestas de actuación en materia de la lectura, del libro, y de las bibliotecas.

jueves, noviembre 02, 2006

Caminarás sobre las aguas


Admirable filme do director israelí Eytan Fox sobre o tema das vinganzas herdadas (¿lembrades?) que falabamos cando comentabamos o libro de Kapuscinski. O filme trata da problemática relación entre as novas xeracións de alemáns e xudeos por mor dos odios herdados. Eyal, un axente do Mosad, ten que localizar e asasinar a un criminal nazi, pero logo de entrar en relación con Axel (un neto de aquel) vai ter lugar un verdadeiro trasvase sentimental; pouco a pouco Eyal e Axel decátanse de que son productos dun pasado do que pouco a pouco se irán liberando.

Diálogo entre Eyal e Axel:

-¿Ella tiene novio?-Tuvo uno, pero ya no. Se conocieron en la India. Dice que los hombres israelíes son...-¿Qué, insoportables?-Sí, bueno, no.-No pasa nada, no es la primera en pensarlo.-¿Es verdad que a los hombres israelíes no les gusta hablar de sus sentimientos?-No lo sé. A mí no me gusta hablar de eso.-¿Puedo hacerte una pregunta personal?-Claro, no tengo nada que esconder. Adelante.-Siempre me he preguntado cómo se siente un niño alemán cuando se da cuenta de lo que ocurrió en la Segunda Guerra Mundial.-Vaya, difícil pregunta. ¿Tu familia estuvo en...?-No cambies de tema.

Morrer...en galego.


Hoxe estiven no cemiterio na procura dun parente perdido. Malia non acadar o obxectivo, din a visita por boa tras atopar esta fermosa lousa. Parece que só unha de cada mil lápidas están escritas en galego e hai quen ve nas celebracións funerarias unha de tantas ocasións para loitar polo idioma. Esta que vos presento seguro que é una das pouquísimas que amosan unha mensaxe con contido "Ti muller que viviches e criaches fillos en tempos de medo e door vaite en paz coa ledicia de deixar entre nos a túa semente". Velaquí un home que non perdeu a memoria do duro traballo da muller e dos tempos difíciles que lle tocou vivir. Nestes tempos en que andamos a recuperar a memoria estas testemuñas lémbrannos un pouco a nosa penosa e esquecida historia. Sentín mágoa por tanta xente que tivo que vivir tantos anos sen liberdade e sen tantas outras cousas....

martes, octubre 31, 2006

Imos polo bo camiño....

O fenómeno blog segue a medrar e a blogosfera galega está presente no mundo. Hoxe, a Voz de Galicia publica a noticia: Cinco bitácoras galegas optan a ser o mellor blog en español. Os "nosos representantes" son porsilasmoscas.net, periodismoincendiario, Huella Digital, El Blog de Enrique Dans e O Blog de Pedro Jorge. Os periodistas foron os primeiros en tomar posicións. Sería importante que os escritos en galego tiveran máis pulo, pero para iso haberá que contar coa xente que malia ter moito que aportar non se decide a empregar este medio.

domingo, octubre 29, 2006

Documentación científica en acceso aberto.

Hai moitos repositorios institucionais e arquivos abertos de carácter temático distribuidos pola web que acollen nos seus servidores milleiros de documentos científicos e académicos aos que podemos acceder libremente. Procurar e atopar documentos relevantes entre esa morea de material pode resultar unha tarefa penosa se temos, primeiro que buscar, logo atopar e por último interrotar cada un deses repositorios. Para facilitarnos o traballo temos na web servicios que centralizan a busca en todos eses repositorios e arquivos: OAISTER e o novo Scientific Commons


Via Blog Open Access Acceso Abierto a la información científica.
Máis sobre o tema na páxina de Rebiun sobre Open Access

viernes, octubre 27, 2006

Women and Authority in Early Modern Spain de Allyson M. Poska

É a primeira vez que publico unha recomendación dun libro sen lelo antes, pero este é un caso especial porque coñecendo a Allyson M. Poska e o seu traballo ben seguro que paga a pena poñelo nos "favoritos". Women and Authority in Early Modern Spain é unha incursión no pasado da muller galega que nos lembra a súa relevancia social e económica e súa autoridade nunha rexión tan marcada pola emigración do home. É un relato baseado en fontes documentais diversas: inquisitoriais, testamentos, escrituras de dote, causas xudiciais, etc. Sería moi de agradecer unha traducción ao galego deste importante traballo que ademáis ven de recibir nos Estados Unidos o premio ao mellor libro de historia entre os anos 1400 e 1700.

miércoles, octubre 25, 2006

Cantidade e calidade dos artigos científicos.

Xavier Bellés, no artigo "Cantidad y calidad de los artículos científicos" que publica hoxe o diario El País, laméntase do feito de que na investigación se teña máis en conta a cantidade que a calidade no relativo á publicación. A esta conclusión chega o autor logo de analizar os resultados que publica a Institute for Scientific Information (ISI). Non poño en dúbida as eivas que a ciencia ten no noso país; é de sobra coñedido o atraso que da investigación en España, seguramente polo desinterese dos sucesivos gobernos que logo da democracia tiveron que atender a outras materia de "primeira necesidade". O que non podemos é tomar constantemente como referencia unha organización (ISI) da que xa hai tempo que coñecemos a súa parcialidade. O famoso factor de impacto das revistas que analiza o ISI non é moi válido para nós. Primeiro porque ten en conta casi únicamene ás publicacións en inglés (hai escasísima presencia de publicacións en español), e logo pola súa preferencia polas ciencias físico-naturais fronte á rama humanístico-social. Podíamos lembrar ademáis a corrupción dun sistema baseado no famoso "tú me citas, yo te cito". Publicar, publicar, publicar.... unha obsesión irracional que contribúe todavía máis á dificultade cada vez maior para atopar traballos e ideas orixinais e valiosas non mundo da investigación.

lunes, octubre 23, 2006

La mirada Ulises.


Hai agasallos que malia custar pouco ou nada, procuran moita felicidade. É o caso das recomendacións dun bo libro ou dunha película como La Mirada de Ulises. Imaxino que moitos xa a coñecedes, pero para aqueles despistados que coma min non se enteraron no seu momento, aquí vai o recordatorio. Non me atrevo a facer un resumo, nin sequera un comentario. Sería como facelo da Odisea de Homero ou do Ulises de Joyce. Imposible. Son obras que en sí mesmas conteñen toda A Historia. Descubres que esa intuición que tiñas de coñecer xa o fin da película (a da vida) é real e non un pesadelo. Polo que se refire aos aspectos técnicos, só podo dicir que pagaría a pena ampliar cada fotograma e poñelo na parede da túa habitación.
Gracias á miña compañeira Ana Celia pola recomendación, tardarei en atopar unha moeda tan valiosa para agradecerllo.

domingo, octubre 22, 2006

Marca de agua de Joseph Brodsky

"En este lugar puede derramarse una lágrima en distintas ocasiones. Asumiendo que la belleza consiste en la distribución de la luz en la forma que más agrada a la retina, una lágrima es el reconocimiento, tanto de la retina como de la lágrima, de su incapacidad de retener la belleza..."
Xa hai moito que devezo por visitar Venecia, por moitísimas razóns, a principal seguramente sexa o afundimento que a fai víctima do destino da Atlántida. Venecia semella o reloxo do mundo; do mesmo xeito que sabemos do movemento das súas agullas, coñecemos tamén o ata agora irremediable movemento desta cidade, só que neste é moito máis arrepiante porque se trata dunha viaxe sen volta.

Mentres non chega o momento, vou coleccionando sensacións alleas, e neste libriño Joseph Brodsky agasállanos cunha morea delas. Podía telas escrito Thomas Mann, só tiña que mudar de estación na que se desenvolve Muerte en Venecia. A sensación de afogamento que atormentaba a Aschenbach tiña a súa orixe na presión social que lle impedía ceibar os seus sentimentos, sobre todo o seu amor pola beleza, é dicir por Tadzio, pero tamén estaba ese ambiente abafante por mor da peste e a calor. En Marca de Agua Brodsky, autor e personaxe, ven simplemente para estar, para traballar, pero a cidade está sempre aí, con tódalas súas armas, a auga, os reflexos, os perfís, a néboa, as contraventás, a laguna, os commendatori, a acqua alta, as trattorias, os putti, as calellas, a luz do inverno, as máscaras....un exército que parece cinguilo e de cuxo cerco se resistirá sempre a saír.

martes, octubre 17, 2006

Teses de doutoramento na rede a texto completo


Existen na rede recursos para acceder ás teses de doutoramento a texto completo. A base de datos Teseo permite recuperar información das tese doctorais consideradas aptas nas Universidades españolas desde 1976, pero non contempla acceso ao contido. O Servidor TDR (Tesis Doctorales en Red) contén, en formato dixital, as teses lidas nas universidades de Cataluña e outras comunidades autónomas. Permite a consulta remota do texto completo das teses, e tamén facer buscas por autor, título, tema da tese, universidade, etc. Este servicio está xestionado polo Consorci de Biblioteques Universitàries de Catalunya (CBUC) e o Centre de Supercomputació de Catalunya (CESCA), e patrocinado pola Generalitat de Catalunya.
A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes acolle todas as teses en ou sobre linguas hispánicas defendidas con éxito en calquera país del mundo. A base de datos de teses de DIALNET permite busca teses de varias universidades tamén en acceso aberto. Lamentablemente as universidades galegas carecen, de momento, dun proxecto en común que permita o acceso ás súas teses e cada unha presenta unha situación diferente. No caso da Universidade de Santiago podemos acceder ao texto completo dalgunhas teses dende o mesmo catálogo en liña. A Universidade da Coruña conta cun repositorio tamén en acceso aberto. A Universidade de Vigo, de momento, non proporciona acceso remoto ao texto completo das súas teses, só accesibles a través da consulta do seu catalogo en liña.
Dende aquí podedes acceder a máis recursos sobre este tema.

domingo, octubre 15, 2006

Paleografía e arquivística na blogosfera




















A foto (Vía Arquiveiros) é indicativa do estado no que aínda permanecen algúns arquivos. ¿por que me lembro de Todos os Nomes de Saramago? A blogosfera xa conta con información relativa á especialidade de arquivística e paleografía. Un dos blogs más interesantes que atopo é Cartularios Medievales, esperemos que se animen os profesionais deste sector para facer visible a riqueza que conteñen os arquivos. Recopilei uns cantos enlaces que vos animo a visitar: Archivum, Paleografía y Ecdótica, Archivologo, O arquivista, Mundo Archivístico e Archivística.net (neste último podedes acceder a unha chea de sitios sobre o tema. Hai máis na columna de ligazóns)

jueves, octubre 12, 2006

Os blogs e a literatura en Tempos Novos


No derradeiro número de Tempos Novos Iago Martínez reflexiona en "Blogs e literatura. A ler a outra parte" sobre a relevancia do fenómeno do blog en Galicia e a súa relación co mundo literario. No que atinxe ao aspecto tecnolóxico, os datos, unha vez máis, apuntan ao subdesenvolvemento galego no eido tecnolóxico, a pesares de terse triplicado o acceso á internet nos últimos seis anos. En canto á relación coa edición e a literatura o feito de que o número de bitácoras en galego coincida co de obras publicadas neste idioma (preto de dúas mil) non se debe interpretar, penso, como un sinal de alarma dende o mundo da edición tradicional. Non é cousa de sacralizar o papel, que diría Jaureguizar, pero é que non creo que se poidan facer comparacións entre medios que de momento teñen unhas características e fins completamente diferentes. Como tamén se apunta no artigo, o emprego do blog como soporte literario só constitúe unha parte mínima dentro do xa raquítico mundo da blogosfera galega (de momento, espero), e se miramos para horizontes máis amplos decatámonos de que esta nova ferramente é máis importante como complemento á creación que como soporte da mesma. De momento, as bitácoras con máis visibilidade na rede relacionadas coa literatura son iniciativa de editores, escritores noveis, lectores, etc. Os escritores consagrados que "bloguean" o fan sobre todo para dinfundir a súa obra.

martes, octubre 10, 2006

Foto de Roberto Ribao



Roberto Ribao é un excelente fotógrafo, periodista, escritor e pensador. Para mostra aí vos deixo unha das súas fotos. Das que lle coñezo é unha das que máis me gustan polo que ten de provocador; claro que é unha provocacion de efecto retardado pois non é infrecuente tardar en percibir que a delicada dama non descansa nun diván dun veludo vermello. Nas súas palabras, trátase dunha visión desenfadada e irónica do mundo da arte desde o medio fotográfico. Roberto escribe mensualmente na revista Tempos Novos a sección Postais de Galizia na que reflexiona con ironía e intelixencia sobre os problemas que afectan ao noso país.

lunes, octubre 09, 2006

Vídeo sobre o 11-S

Vía Brétemas veño de coñecer este vídeo. A súa calidade e importancia como documento histórico merecen o seu arquivo neste blog.

domingo, octubre 08, 2006

Sempre Forges


Esta viñeta do xenial Forges consérvoa dende a súa publicación no ano 98. Naquel momento unha irregularidade na selección de persoal da Diputación de Ourense motivou esta viñeta. Hoxe sigue plenamente vixente a xulgar porla continudade das irregularidades que se detectan nestes recunchos da administración local no noso país. Esperemos que cando rematen coa Operación Malaia empezen a limpar o resto dos centos de concellos que agochan estas prácticas clientelares e a corrupción política que tanto nos avergoñan.
Adícolle esta entrada ao amigo Rubén, un dos culpables da continuidade deste blog.

sábado, septiembre 30, 2006

A bilbiotecaria estrafalaria.


V E R G O N Z O S O . . .
Primeiro bombardeamos o seu país, que total xe era o máis pobre do mundo, matamos ás súas familias e logo facemos un programa de axuda para que os pobriños aprendan a ler.

Todo pode ir a peor...A Conferencia da Casa Blanca sobre a alfabetización mundial patrocinada pola Unesco. Non teño comentarios. Aquí vos deixo parte do discurso da Bibliotecaria máis estrafalaria do mundo, que ten moito que dicir de alfabetización.
La alfabetización tiene importancia fundamental para la fortaleza de una familia. Cuando los padres saben leer y pueden leerles a sus hijos, los hijos se convierten en lectores desde una temprana edad; cuando madres y padres pueden leer las etiquetas de los alimentos y seguir recetas médicas, mejora la salud de toda la familia; y cuando un padre puede leer y escribir lo bastante bien como para tener un empleo productivo, la familia puede ser económicamente autosuficiente. La alfabetización hace más fuertes tanto las familias como las comunidades.

Banksy, muros, autocensura...

Para os que non coñecedes ao xenial grafiteiro británico Banksy, aquí vos deixo unha das súas creacións.

Esta "intervención" no muro de Israel fala por sí mesma, non hai xeito de competir co poder da imaxinación, para o bo e para o malo.

Adicada especialmente a:
Kirsten Harms, directora artística da Deutsche Oper de Berlín, pola súa decisión de retirar a obra Idomeneo, e a todos os autocensores que volven a estar de moda na vella e ilustrada Europa.

Libros sobre xudaísmo e cristianismo

Non podo ni quero substraerme do necesario e obrigado debate relixioso que debemos facer nestes tempos nos que a inseguridade mundial a tódolos nives está a provocar unha auténtica crise relixiosa que por momentos ameaza mudar en enfrontamentos directos. É por iso que xa dende hai tempo entre as miñas lecturas, os libros relacionados coa relixión ocupan un lugar moi importante. Un dos máis valiosos que caiu nas miñas mans é Historia judía, religión judía, de Israel Shahak. Da valiosa e destemida contribución de este erudito ao coñecemento do xudaísmo da idea o rexeitamento e desprezo sufriu por parte tanto dos representantes máis ordotoxos desa relixión como dos eternos defensores a ultranza da lexitimidade do estado de Israel. Shahak denuncia que a traducción a outras linguas dos textos e debates mantidos en hebreo é manipulada por sistema, de modo que ninguén, salvo seus falantes, saiban a realidade que se acocha en frases en apariencia inxenuas. Atopamos no texto documentos moi clarificadores como as cartas dun soldado israelí ao seu mestre rabino pedíndolle consello sobre si as escrituras realmente xustifican a matanza dos non xudeus.
Pola contra, a derradeira publicación de Stanley G. Payne, Historia del catolicismo español, non me parece tan maxistral nin tan ponderada e "aséptica" como reflicten a maioría das críticas que atopei na rede (vinculadas a maioría a páxinas de manifesta tendencia conservadora). Teño as miñas reservas coas propostas deste afamado hispanista sobre todo despois de ler artigos de xente que como Viçent Navarro teñen unha bagaxe investigadora xa acreditada dende tempo.

miércoles, septiembre 27, 2006

"A lectura ten que chegar a ser un hábito e unha tradición na vida da nación (umma)"


Photo Antoine Boulad, septembre 2006.
"
la lecture doit devenir une habitude et une tradition dans la vie de la nation (umma)"







Malia o que nos presentan a cotío os medios, os musulmáns tamén son quen de defender ideas coma esta.
A outra cara da moeda.

Como antídoto para os afectados pola información sesgada que os occidentais recibimos sobre Oriente recomendo a lectura dun traballo imprescindible para coñecer moito mellor o legado histórico de Oriente. Trátase do libro "Los orígenes orientales de la civilización de occidente".

Segundo palabras do propio autor, se o lector espera detalles específicos do desenvolvemento de Occidente presentados exclusivamente baixo un prisma europeo, sentirase por forza defraudado. A intención do autor é xustamente defraudar a este tipo de lectores e contarlle a historia olvidada de como Oriente permitiu a ascensión do Occidente moderno. Non lle precupa ao autor convencer senon que o lector polo menos considere os seus argumentos novos, interesantes e perspicaces. Tras a lectura do libro asegúrovos que non se trata dunha viaxe convencional á historia, é efectivamente unha visión nova, na que Leonardo da Vinci, Marsilio Ficino e Copérnico próstranse perante al-Shatir, al-Khwarizmi e al-Tusi, a figura de Vasco de Gama desaparece na sombra proiectada polo esplendor de Asia e a Exposición Universal de Londres é simplemente unha manifestación de arrogancia tendo en conta que a industrialización de Gran Bretaña non é máis que o derradeiro estadio da transmisión dos inventos protagonizados moito antes en China.






lunes, septiembre 25, 2006

Feísmo




Canastro engulido por casa vermella
O fondo azul antes era o mar...
A este tipo de intervencións urbanas chámanlle feísmo, ao mellor querendo facer destas detestables actuacións unha especie de movemento artístico de vangarda. Mágoa, pero non, estes atentados á estética simplemente confirman o total desprezo e descoñecemento que temos do noso patrimonio e a total insensibilidade coa conservación do mesmo. Ás veces semella que estamos tan afeitos a estas aberracións constructivas que xa non reparamos na degradación ambiental que supoñen, senón non se explica a súa proliferación. A imaxe do "canastro eengulido por casa vermella "está localizada nunha das nosas vilas mariñeiras que hai tempo, segundo amosan as fotografías antigas que se expoñen nas súas baiucas, tiña sido das máis pintorescas das Rías Baixas, Portonovo. Hoxe é tan só un exemplo entre miles da extinción do sentido común na remodelación e adaptación dos espazos ás novas necesidades. Esta dexeneración da estética na construcción atópase maxistralmente representada tamén no ámbito urbano. A cidade de Vigo ofrécenos os exemplos máis sobresaíntes. Convídovos a saír de paseo coa cámara unha tarde de sol, volveredes á casa cunha reportaxe completísima de aberracións constructivas. A segunda foto representa a destrucción da perspectiva dunha rúa que remataba cunha maravillosa vista da ría mediante a construcción dun dos edificios máis espantosos, o hotel Bahía. O desprezo que esta cidade manifesta cara o mar merece un estudio en profundidade.
Máis do mesmo en El feísmo en Galicia.