domingo, julio 30, 2006

Blogs Próximo Oriente. As bodas de Canaan, 2006.


Aquí tendes unha versión contemporánea das "bodas de Caná", ese capítulo da biblia no que Xesús foi quen de convertir a auga en viño. Os gobernantes de Israel, non os xudeus - non vou caer no erro de xeralizar porque ahí reside a principal causa destas guerras- celebran cada certo tempo este milagre. No ano 1996, celebrárono coa tristemente famosa operacion "Uvas de la Ira", na que convertiron en cinzas a máis de 100 persoas. Agora repiten a festa. Esta pasada noite, tamén fixeron a súa conmemoración. Convertiron en cadáveres a máis de 50 persoas, a metade nenos. Como pola nosa xeografía non se fala máis que de reconstrucción faciais ultramodernas, broncas dos curas ós políticos e do carnet por puntos, metínme na rede na procura de xente que me contase cousas interesantes do que me interesa agora, que é esta maldita guerra. No sitio blogginbeirut atopamos imáxenes do que está a pasar. Non deixedes de consultar o blog de Mazen Kerbaj, no que publica un diario de debuxos do que está pasando. A súa interpretación do que pasou esta noite é a que vos poño na esquerda da foto.

viernes, julio 28, 2006

A viñeta e o mendigo

O mendigo portaba o consabido cartel que explicaba a causa da súa situación. Non adoito pasar de largo ignorando estas mensaxes aínda que teño que confesar que tampouco son dos que deixan sempre algunha moeda. O que me chamou a atención foi o contido do cartel "ayudenme, quiero regresar a mi país". Non me detiven moito porque non son do gusto nin dos mendigos nin dos vendedores ambulantes. É certo. Hai só uns días cando paseaba tranquilamente pola Rúa do Príncipe, un vendedor de tabaco púxose a berrarme uns insultos horribles. Debeu ser que interpretou na miña ollada algún síntoma de rexeitamento ou desprezo. A desazón de hoxe ante o mendigo e o seu carteliño foi porque a escena era exactamente a mesma que hai uns días vin nunha viñeta de humor dun xornal. Naquel intre, o chiste non me fixo nin pizca de gracia. Non está ben chotearse co sufrimento dos demáis, por moito que esté de moda. Pero o desta tarde, así, en vivo e en directo, fíxome reflexionar. ¿que foi antes, a viñeta ou a realidade? Supoño que a viñeta. Non podo imaxinar a un humorista gráfico pirateando a idea dun pobre mendigo. Esta opción daría para outra reflexión. Ben, se antes foi a viñeta, que xa non era nada graciosa, suponse que o mendigo foi o que calcou a idea. Reflexións: os mendigos teñen que botar man de operacións de merchandising cada vez más complexas para chamar a nosa atención. Se queren "vender" o seu producto (non esquezades que nos están vendendo algo moi valioso, nin máis nin menos que a tranquilidade de conciencia que implica a crenza de estar contribuindo a felicidade de alguén) teñen que convencernos de algún xeito, porque estamos tan afeitos á miseria que xa a consideramos parte do mobiliario urbano. E o odio ó inmigrante é tan poderoso que se supón que calquera pagaría para que marchen por onde viñeron. Eles mesmos empregan este odio contra si mesmos para afloxar os petos dos cidadáns. O inmigrante xa ten interiorizada a súa condición de apestado e está disposto a empregar esta imaxen de si mesmo para pedir polas rúas. Penseis estas e outras cinco mil estupideces máis, e ata estiven a piques de facerlle un retrato. Mágoa, porque poderíades comprobar que o mendigo tiña tanto de inmigrante coma mín.

Composición:
Reflexións sobre a historia canónica e os intereses que levaron á formulación dunhas ideas que responden ós intereses de determinados axentes.

Propiedades:
A lectura desta obra actúa como todas as heteroxinas, detendo transitoriamente a acción bacteriana das falsas ideas transmitidas por axentes patóxenos responsables das infeccións máis frecuentes: borregococcus aureus, streptococcus acrítico, enterococcus apaticus e staphylococcus intolerans.

Indicacións:
A obra está indicada para o tratamento de infeccións producidas pola información nociva provocada pola falta de reflexión crítica perante os medios de comunicación e a interpretación interesada que os diferentes axentes fan a cotío dos feitos e acontecementos actuais e históricos. Especialmente indicada para educadores e axentes de socialización en xeral.

El mago de Viena, de Sergio Pitol.


Recomendar a lectura de Pitol é invitar á lectura das obras máis sobranceiras da mellor literatura. Seguir as súas recomendacións é un bo camiño para disfrutar da lectura. Neste libro atoparedes reflexións de Pitol sobre as súas lecturas, sobre todo os "raros", tan do seu gusto. Cada vez que leo algo de Pitol sei que o meu listado de libros pendentes pode desbordarse, pero paga a pena.
"Yo adoro a los excéntricos. Los he detectado desde la adolescencia y desde entonces son mis compañeros. Hay algunas literaturas en donde abundan: la inglesa, la irlandesa, la rusa, la polaca, también la hispanoamericana. En sus novelas todos los protagonistas son excéntricos, como lo son sus autores. Laurence Sterne, William Beckford, Jonathan Swift, Nicolai Gogol, Tomasso Landolfini, Carlo Emilio Gadda, Witold Gombrowicz, Bruno Schulz, Stanislaw Witkiewicz...

viernes, julio 21, 2006

¿marketing cultural?


Atopeime con este anuncio de MacDonals fai uns segundos nunha páxina de publicidade...parece que é un magnífico exemplo de integración cultural e tal, e tal...Fixádevos ben na imaxe. É unha alusión á festa musulmana de Eid-Al-Mubarak, que celebra o remate do Ramadán. E unha ocasión na que os musulmáns fan as súas oracións coas mans nesta posición de fronte. Aquí son patacas fritidas...¿a quen queredes enganar publicistas de pacotilla, intelectuais de medio pelo, ignorantes da vida? o único que queredes e seguir roubando cada día ós máis pobres, porque estades enfermos, tendes esa doenza que xa denunciara Humboldt, a ambición desmedida polo ouro do home branco, estúpidos occidentais que vos seguides mirando os amos do universo, seguide así, pouco a pouco iran agromando as sementes de xenreira, a vosa planta máis cultivada e de aquí a pouco ó mellor sodes o esterco que fará florecer os desertos.

viernes, julio 14, 2006

¿quién escribió esto?

"Me llamo Octave y llevo ropa de APC. Soy publicista: eso es, contamino el universo. soy el tío que os vende mierda. Que os hace soñar con esas cosas que nunca tendréis. Cielo etrnamente azul, tías que nunca son feas, una felicidad perfecta, retocada con el PhotoShop. Imágenes relamidas, músicas pegadizas. Cuando, a fuerza de ahorrar, logréis comprar el coche de vuestros sueños, el que lancé en mi última campaña, yo ya habré conseguido que esté pasado de moda. os llevo tres temporadas de ventaja, y siempre me las apaño para que os sintáis frustrados. El glamour es el país al que nunca se consigue llegar. os drogo con novedad, y la ventaja de los nuevo es que nunca lo es durante mucho tiempo. Siempre hay una nueva novedad para lograr que la anterior envejezca. Hacer que se os caiga la baba, ése es mi sacerdocio. En mi profesión, nadie desea vuestra felicidad, porque la gente feliz no consume".

...todo lo que sigue también merece la pena, eso sí, es una lectura de verano, una bofetada a todo volumen para casi todos ...¿autor? ¿título?. El primer acertante que me deje su correo-e será premiado con otro párrafo interesante.

jueves, julio 13, 2006

Historia de una maestra, de Josefina Aldecoa.



Un relato de la realidad de España en los años de la República. Los auténticos "maestros de escuela", esos héroes anónimos que se encontraron frente a frente con la España real, la del hambre, la de la incultura, y que hicieron tanto por todos nosotros. Parece mentira, pero hubo un tiempo así en España, pese a la pobreza y las durísimas condiciones de vida, había gente con proyectos tan progresistas, con ideas tan innovadoras, con capacidad crítica. Ahora que "somos libres" no nos atrevemos a opinar, curioso...

lunes, julio 03, 2006

O libro "La blogosfera hispana"

O libro "la blogosfera hispana" en formato pdf, un bo material para os que nos estamos deixando levar por este mundo.

Bretemas, o blog de Manuel Bragado

Acabo de atopar na rede "Bretemas", o blog de Manuel Bragado, de Edicións Xerais. Para os que nos interesan os libros dende tódolos puntos de vista é un espazo imprescindible. Entrade, paga a pena...Saúdos.