jueves, agosto 31, 2006

É moi triste...

Antes...














Despois...












Tiven que cambiar o título do post porque é ben verdade o que me dicides, calquera vida vale moito máis. Parece que a solidariedade co Líbano está a superar tódalas previsións o que me ben confirmar a miña idea de que a pesar das estupideces das relixións e das grandes falsidades que inventan para nós os gobernantes, a maioría preferimos evitar catástrofes, salvar vidas e vivir en paz.
Fonte: Blog das Bibliotecas do Líbano.

DÍA DO BLOG

A miña contribución ao Día do Blog.
Dos cinco que teño que destacar catro teñen que ser forzosamente para o recoñecemento a xente que dende os lugares dos terribles conflictos que teñen lugar nestes días, atoparon un tempiño para compartir co resto do mundo as súas vivencias.

1. O blog de Mazen Kerbaj, como xa teño repetido nos meus post foi unha descuberta apaixoante. O seu diario gráfico vai quedar grabado en moitos de nós por moito tempo. Destacan a súa expresividade e o seu persoal estilo de lembranzas picasianas. Que serva este día de celebración para que moita xente coñeza a este artista impresionante.

2. Laura Ghorayeb Tamén artista libanesa, pintora e poeta. O seu blog é tamén un diario gráfico sobre a guerra igualmente expresivo e conmovedor.

3. Hernan Zin, periodista, que nos estivo a contar dende Gaza as súas impresións sobre o eterno conflicto árabe-israeí. As súas palabras e fotografías acercounos cada día ás rúas, ás xentes, á desolación, á impotencia que se sente ante tanto crime.
4. Os bibliotecarios libaneses fixeron un blog para abrir unha canle de información e solidariedade sobre a situación na que quedaron as infraestructuras culturais do Líbano despos dos recentes conflictos.
5. Por último, e xa volvo para Galicia, unha recente descuberta. O blog Cartafol do Gardalivros, un espazo adicado ao mundo da información e das bibliotecas relacionado con Galicia. Interesantísimo e completísimo.

miércoles, agosto 30, 2006

Ao modo de Millás

(Fonte: El País 30-08-2006)
George W. Bush y su esposa Laura asisten a una misa en la catedral de San Luis, Nueva Orleans, en el primer aniversario del huracán Katrina.

Mágoa non ser Millás para quitarlle ben o mollo a esta imaxe. Certamente impresiona ver así de recollido ao home mais omni/pre-potente do mundo; digo impresiona por non decir que mete medo, porque claro, este home que ten que decidir cada día a supervivencia (ou non) de milleiros de persoas, semella que está ao que lle diga o representante directo de Deus, que aquí na foto aparece no primeiro plano coa man en actitude de bendicir. Dan ganas de falarlle a este homiño ao oído para ver se pode interceder por nós ante os Todopoderosos. Tamén e curiosa a composición en diagonal da imaxen, parece como si, de xeito indirecto se nos dixese, "si, pero o que decide ao fin e ao cabo e o que está arriba", o que xa sabiamos por outra parte. E logo as mans, menos as da bibliotecaria, que non contan, as outras, caramba, ¡que papelazo! porque haber, cando as mans suben e as miradas baixan, bueno, eu son tan mal pensada...porque tampouco está claro que o bispo intencionadamente lle quixese tapar a cara a señora do presidente ¿non si?. Mal e mal eu prefiro as fotos dos rapaces nas madrazas "chapando" o Corán, si, si, coma todos nós, una máis outros menos (ao mellor así nos vai) fixemos na escola non hai tanto (os da miña xeración para atrás, claro). Se alguén pon en dúbida a miña repugnante postura por antiamericana demodée e pensa que o superpresidente está a pregar polas víctimas do furacán que lembre que non hai moito, cando preguntaba polo tema dicía "¿como vai esa merda do Sur? (non pido perdón porque son palabras de presidente).

martes, agosto 29, 2006

Líbano: Diario Gráfico de Mazen Kerbaj

Xa levo días recomendando a visita ao diario do debuxante libanés Mazen Kerbaj. Está a facer un valiosísimo traballo porque coa súa viñeta diaria consegue facernos partícipes do que ocurre no seu país. Alegreime moito de saber que hai un grupo de xente en Madrid que se está manifestando contra a guerra a través dos seus debuxos. Grazas Mazen e tamén a Laura, Nabil, Marc...polos vosos testemuños .

lunes, agosto 28, 2006

Novos blogs sobre bibliotecas.

(Fotografía de Candida Höfer)

020 Bibliotecología y Ciencias de la Información.
(Fonte: José Antonio Frías. Lista de distribución BibUniv sobre Bibliotecas Universitarias)

Cartafol de gardalivros
Biblioteconomía documentación e bibliotecas na Galiza.
(Vía Brétemas).

As bibliotecas do Líbano.
(Un blog pour les bibliothèques du Liban. La situation dramatique que vit le Liban depuis le 12 juillet 2006 a incité un groupe de bibliothécaires libanais et français à lancer un espace de...).
Aquí máis fotos de bibliotecas de Cándida Höfer)

sábado, agosto 26, 2006

Exposición de caricaturas ¿sobre o holocausto?


No Irán veñen de inaugurar a exposición Holocust: Holocaust International Cartoon Contest. É a resposta dos "outros" ás famosas caricaturas sobre o islam que se publicaran en Dinamarca e que provocaran unha chea de atentados, mortos e debates sobre a liberdade de expresión. Así visto por arriba pode parecer moi inxenuo esto de cabrear o inimigo facendo unhs debuxiños, pero o tema e máis serio, porque efectivamente non se precisa esmagar moito os miolos para que prenda o odio latente na xente, tanto no Irán como no superdesenvolvido Occidente, e de repente nos atopemos con mil mortos. Non se pode ver este evento só como unha iniciativa do Irán porque entre os participantes hai moitos países, España, Italia, Portugal, Estados Unidos...As interpretacións dos medios son moi diferentes, para úns estamos ante unha provocación insoportable y para outros non é máis que unha manifestación cultural. Estamos chegando ata un punto en que a banalizacion absoluta das cuestións máis importantes fan que vida ou morte non importe nada en absoluto según para quén. Os que máis presumen de ter estudiado a fondo os conflictos do mundo actual andan metidos en debates que nos poñen os pelos de punta. Non son bos tempos estes.
Aquí tendes un resumo sobre o conflicto que se produciu no 2005 por mor das caricaturas de Mahoma, xa veremos o que pasa agora.
Aínda non acabara de escribir o post e xa están publicadas as caricaturas. Despois de velas he de dicir que quitando unhas poucas, o resto son unha versión internacional do noso fenómeno "El Roto". A propósito ¿alguén sabe por qué xa non publica en "El País?

domingo, agosto 20, 2006

SLAVOJ ZIZEK: Bienvenidos al desierto de lo real.


Se, coma mín, andades á procura de recursos para ententer o que pasa no mundo, este é un bo libro. Poucas páxinas pero dunha profundidade que fai obrigada unha segunda e terceira lecturas. Porque as cousas que pasan no mundo, o que somos quen de facer (mellor sería desfacer) teñen que explicarse de algún xeito, aínda que por nós mesmos non cheguemos a albiscar eses porqués. Eu teño unha especie de fórmula para saber se o libro que teño entre as mans merece a súa lectura, veredes: o abro ao chou unhas tres veces e si a frase que leo é interesante vou ao principio. Pois ben, vexamos:

...páx. 69 "El peligro al que Occidente se está exponiendo con su "guerra contra el terrorismo"fue, una vez más, claramente percibido por Chesterton, que en las últimas páginas de su obra Ortodoxia, la obra definitiva de propaganda católica, esboza el punto muerto al que llegan las críticas pseudorrevolucionarias de la religión: éstas comienzan por denunciarla como una fuerza opresora que amenaza la libertad humana: no obstante, al enfrentarse a ella,se sienten conminadas a renegar de la propia libertad, sacrificando así aquello que pretendían defender: la víctima última del rechazo teórico y práctico ateo de la religión no es la religión (que continúa su camino imperturbable), sino la libertad misma, supuestamente amenazada por la primera.
...páx. 98 "No nos sorprende, por lo tanto, que en enero de 2002, durante el Congreso del partido gobernante de centro-derecha en España, el Partido Popular, el presidente del Gobierno, José María Aznar, alabara el concepto de "patriotismo constitucional" [Verfassungspatriotismus] de Jürgen Habermas, una vinculación patriótica no a las propias raíces étnicas, sino a la constitución democrática del EStado, que afecta a todos sus ciudadanos por igual. Aznar elevó este concepto a la categoría de un modelo para España, con sus problemas separatistas; en broma quizá, llegó incluso a proponer que el Partido Popular debería declarar a Habermas filósofo oficial de España....
Esta última referencia, de verdade, tamén a elixín ao chou. Afortunadamente é a única referencia o antigo monicreque que tivemos por presidente. En canta ás declaración que o autor pensa que son unha broma, non podo estar de acordo dado o pésimo sentido do humor que tiña e as barbaridades e ridiculeces que dicía a cotío. Iso si sentidiño do ridículo, menos que Hugo Chávez, ¿non lembrades cando se puxo a falar na súa lengua nativa co acento do seu novo colega de toda a vida?.
Pois remato o post co remate do libro "No hay razones pues para la desesperanza: incluso si las perspectias son oscuras hoy en día, deberíamos recordar uno de los mejores bushismos: "Mañana el futuro será mejor".

Unha viñeta desafortunada...











(Fonte: Faro de Vigo, domingo 20 de agosto de 2006)
¿de verdade lle atopades algún chisco de gracia a esta viñeta? Simple, vulgar e totalmente irrespetuosa, tan só contribúe ao descoñecemento dos "outros". O sentido do humor estase tamén deteriorando a pasos de xigante, precisamente un dos poucos espacios que nos ían quedando para a orixinalidade...¡unha mágoa!

Líbano: blog de Mazen Kerbaj

Sigo recomendando visitar o blog do debuxante e músico Mazen Kerbaj, ¿por qué estes máis de mil mortos? ¿qué se arranxou con esta nova matanza? ¿cánta xente máis só vivirá para vingarse por tanta inxustiza? ¿por qué...? ¿por qué...? ¿por qué...?

viernes, agosto 18, 2006

Verbas de García Lorca...

(Foto: Blanco Amor)

Yo sé poco, apenas sé -me acuerdo de estos versos

de Pablo Neruda- pero en este mundo yo siempre

soy y seré partidario de los pobres.

Yo siempre seré partidario de los que no tienen nada
y hasta la tranquilidad de la nada se le niega.
Nosotros, me refiero a los hombres
de significación intelectual
y educados en el ambiente medio de las clases
que podemos llamar acomodadas,
estamos llamados al sacrificio. Aceptémoslo.
En el mundo ya no luchan fuerzas humanas, sino telúricas.
A mí me ponen en una balanza el resultado de esta lucha:
aquí tu dolor y tu sacrifio, y aquí la justicia para todos,
aún con la angustia del tránsito hacia un futuro
que se presenta, pero que se desconoce y
descargo el puño con toda mi fuerza en
este último platillo.

Estiven hai pouco en Granada, e recollín estas palabras na exposición "Lorca: Ojo con la Memoria" na fermosísima Casa de los Tiros. Fixéronme reflexionar unha vez máis sobre a desgracia de non contar con persoas así nos nosos días...xente con personalidade e con valentía para ofrecer alternativas aos problemas...e así estamos, moralmente en estado vexetativo, pero iso si, sempre políticamente correctos.
Tamén estiven na Casa Museo (¿?) de García Lorca, e menuda decepción; teñen unha especie de santuario onde puidemos admirar a "auténtica" vaixela, a "auténtica" mesa onde escribiu as súas obras, os "auténticos" títulos da súa nai, o "auténtico" piano, pero asegúrovos que cando saímos a milla filla non tiña máis idea de García Lorca da que eu lle contara antes. Unha mágoa.
Por certo, a foto de Federico coa nai, que está na casa, foi feita por Blanco Amor co que mantivo unha relación de colaboración e amistade moi intensa.
Letra pequena: Hai abondosa documentación sobre esto no arquivo da Deputación de Ourense, pero moi ben custodiada por un cancerbeiro que xa ten experiencia como arquiveiro eclesiástico, xa sabedes...

Máis persecucións aos inmigrantes...

(Foto:El País)

Unha de tantas, outra máis de persecución aos inmigrantes, Francia segue na liña do populismo que ven practicando dende hai décadas. Vivimos nunha situación de desigualdade e inxustiza aceptadas voluntariamente porlos adocenados cidanáns en que nos convertimos ao aceptar sen máis os discursos prefabricados polos gobernantes máis inmorales da historia. Por favor, analizade un pouco esta noticia. O desaloxo dunha vivenda ocupada por centos de africanos: "Para Sarkozy, la operación sirve como confirmación de su discurso de firmeza y a favor de una
inmigración escogida y no impuesta
.Es una oportunidad para demostrar que sus palabras van seguidas de actos y que trabaja para hacer realidad su objetivo de 25.000 expulsiones anuales de extranjeros que no pueden ser regularizados". ¿Como se poden fixar obxectivos políticos tan deplorables? Pois, como se dice no artigo, porque así se contenta aos cidadáns. Uns cidadáns que xa non pensan na igualdade nin na xustiza porque só teñen medo de todo o que veña de fóra, porque o que ven de fóra, coma sempre é o diaño, e o culpable de todos os males que sufrimos. Os musulmáns son os terroristas que están infiltrados entre nós para matarnos, os rumanos roubannos as casas, os marroquíes quítannos o traballo, e así ata o infinito. Pero os italianos, os alemáns, os belgas que traballan fóra do seu país, eses non son inmigrantes, eses son alemáns, belgas ou italianos moi traballadores. En Europa primeiro creamos unha gran bolsa de emprego precario que ningún europeo quere, lla regalamos aos inmigrantes porque para eles esas situacións de escravitude son un paraíso e logo os criminalizamos por non ter os papeles en regla. No canto de perseguir aos empregadores que contratan "sen papeis" adicámonos a perseguir a estes. As leis xa non perseguen ao crime senón aos individuos susceptibeis de cometelo. En Galiza tamén temos exemplos de esta situación alegalidade, se alguen te ve enchendo unha garrafa nunha gasolineira cando todo está ardendo é moi posible que te metan na cadea, así sen máis probas, porque a sociedade precisa atopar canto antes aos culpables dos incendios. Eu teño máis medo hoxe en día dos cidadáns ben pensantes e políticamente correctos que de tódolos inmigrantes e terroristas do mundo unidos. Ata pronto.

miércoles, agosto 16, 2006

Blogs sobre os incendios de Galicia.

A blogosfera segue a ser imprescindible para os que queremos achegarnos á realidade. No tema dos incendios, a rede volve estar á altura e permítenos coñecer moitos feitos que non teñen cabida nos medios convencionais. Se empregades o buscador de blogs de Google atoparedes moita información sobre o tema. Tamén podedes ver moitísimas imaxes e videos nos recursos de Flickr e You Tube. En ardegaliza.info atoparedes moita información tamén sobre o voluntariado.

Arde Galicia....













De todas as imaxes da devastación que estamos a sufrir, esta foi das que máis me impresionou. Eu non teño palabras para poñer na boca deste precioso exemplar ¿e vos?

domingo, agosto 13, 2006

ARDE GALICIA: Xogo das diferencias





Eu, así de pronto, vexo algunha direfencia entre estas dúas fotografías:

1. Na da arriba non hai aire, só lume e o home ten unha expresión de angustia ante a situación, na de abaixo o home está como regando o seu xardín, pode ver e respirar con tranquilidade.

2. Ao home de arriba fáltanlle mans para traballar, o de abaixo só traballa con unha, a outra sostén a mangueira para que quede mellor a foto.

3. Os dos levan camisa branca e pantalón oscuro...si pero...mirade cómo lle acae a roupa a cada un...

4. O de arriba leva una máscara de protección, o outro non a precisa, é máis novo e non precisa destas trapalladas, ¡manda carallo!

5. Agora pensade no fotógrafo, que tamén existe, e na relación cos homes, é dicir, a situación na que se desenvolven. Arriba o home escapa, corre despavorido, sáese case da foto porque o que menos lle importa a este home e ser retratado, posiblemente se se dese conta da existencia do fotógrafo lle diría ¿que fas ahí? !aparta joder! ¡corre, corre!, ou algo así. Na dereita (...perdón, teño unha dor de barriga tremenda cada vez que o miro) o home non mira á camara pero seguro que lle está dicindo así baixiño, ¿estou ben así?, ¡que salga ven o fume!, aquí o fotógrafo non estorba, forma parte da parafernalia.

Podedes seguir vos?...eu vou vomitar un pouco.
Se non atopades diferencias podedes seguir tranquilamente tomando o sol, buscar similitudes entre esas fotos ou podedes seguir crendo todo o que din os periódicos e a televisión, incluso o do frustrado intento de atentado macroterrorista que ía acabar con millóns de milleiros de persoas...Ata pronto.