sábado, febrero 27, 2010

Testemuñas do holocausto (I).


Cada certo tempo retomo a Primo Levi. O enfrontamento cunha escrita desapaixoada que conta situacións de violencia extrema axuda a resituarse en tempos de crise. Non é unha pulsión masoquista a que me achega á literatura do holocausto, é unha necesidade de entender comportamentos humanos que forman parte das nosas rutinas. Saímos cada día nos xornais como protagonistas de holocaustos de todo tipo. O estudo da violencia non rematará con ela, sen dúbida, pero entender o que H.A. chamou a banalidade do mal pode axudar a combatir esa pulsión primitiva e animal que nos convida a inflixir dano gratuitamente. E desta banalidade do mal forma parte tamén o desprezo polo seu estudo. Cicais o mesmo que acontece coa memoria histórica. Cicais exemplos da cobardía para enfrontármonos con nós mesmos. Non está todo estudado. Nin moito menos. Hai poucos anos que temos acceso a traduccións de textos, testemuñas, ensaios, filmes, memorias, diarios, documentais, etc. Primo Levi, Jean Améry, Shoah e Sobibor de C.Lanzmann, O xuizo de Nuremberg, un especialista, de Rony Brauman e Eyal Sivan, etc. son documentos que nos fan partícipes daquela historia terrible e moitos deles son producto dunha necesidade de contar que convertía a morte nun luxo para os que sentían esa obriga como irrenunciable. Unha necesidade de contar que, como recoñecía P.L. avait pris la forme d´une impulsion inmediate et violente qui pouvait rivaliser avec les besoins élémentaires que nos avions par ailleurs. Unha pulsión que seguramente se alimentaba da esperanza nunha correspondente necesidade de coñecer. Porque descoñecer a historia, sobre todo a máis violenta, que é precisamente a máis recente, non asegura que non se repita, pero mergúllanos nunha intemperie intelectual demasiado propicia para converternos en vítimas da perversas ambicións dos individuos máis mediocres e faltos de escrúpulos. Afortunadamente estanse xa facendo tamén na nosa contorna estudos interesantes. O profesor Garrido Vilariño, autor dunha tese moi interesante sobre as traducións no proceso de Nuremberg, ten publicado entre outros, un artigo sobre a interpretación nos filmes do holocausto no que analiza en profundidade os documentos máis importantes sobre o tema. Shoah e Sobibor, de Claude Lanzman, The Nuremberg Trial, Un Specialiste, de Rony Brauman e Eyal Sivan, entre outros. Nesta ligazón tendes o artigo do que en poucos días agardo ofrecer unha tradución.

Outros artigos do mesmo autor:
  • A escritura resiste a barbarie?. En: Viceversa, 11(2005). Universidade de Vigo.

viernes, febrero 26, 2010

Jamais je ne sais...


Jamais je ne sais si je ne comprends rien ou si je comprends tout. Je ne sais pas non plus ce qui est mieux. Ne rien comprendre c´est trop humiliant pour moi. Je n´aime pas me voir si impuissante. Eh, bien, cependant, c´est excitant de penser qu´il y a dehors un monde inconnu et à ma disposition si je m m´applique. Bien au contraire, tout comprendre c´est comme être sur un balcon d´où on ne peut rien voir qui soit digne d´intérêt, mais qui est bien chic.

Photo: Ángeles Santos. Pour marcher sur les traces....
¡merci à nouveau Floriaaaaaaaaaaanne!

Je me demande si je ne suis pas en train de jouer avec les mots. Et si les mots étaient faits pour ça ? Boris Vian.

Libros por Haití

A Biblioteca da Universidade de Vigo está a organizar un mercadilllo solidario de libros para recadar fondos destinados a Haití. Podedes compartir as vosas lecturas colaborando con esta iniciativa. Só tendes que elixir os libros que ides premiar e doalos á biblioteca para poñelos logo á venda e así recadar algúns cartos que se ingresarán nunha conta da Cruz Vermella.
Máis inf.: DUVI



¡ p a r t i c i p a e l e e !

jueves, febrero 25, 2010

Senxonacionalismo.


Porque claro, para que haxa unha auténtica compenetración teñen que concordar tamén as ideas. Iso é ter as cousas claras, si señor. Velaquí un exemplo dignísimo de verdadeira entrega á causa nacional, auténtica fidelidade patria. Vexo aí unha proposta de relación de sumisión política e de xénero que pode inaugurar unha cuarta ou quinta vía. Que retorcida son, si, si, é verdade. Pode que si. Pero pensade comigo...¿por que ter ideas galeguistas e ser sensible cos problemas do país é a condición para un contacto meramente sexual? ¿que valor engadido pode aportar un nacionalista de ideas sensibles cos problemas do país á sexualidade desa muller? Poden ser máis de cincuenta e cinco razóns, pero só son quen de imaxinar a unha parella que trata de facelo entre estampas de Castelao arrolados polo son dunha gaita. E está ben que así sexa ¡que carai! É como dicir ¿somos ou non somos? ¿pois entón? falemos claro, que son unha tía seria e non me vou deitar con calquera chiquilicuatre que non teña claro a diferencia de nación e nacionalidade, que non estea ben dotado de argumentos en contra do decreto ou que non teña traia ben estudadas as posturas en torno á lingua, a cultura e o territorio.

lunes, febrero 22, 2010



Estou segura, xa todo foi pensado e ata dito nalgures. Hoxe pensaba eu mentres premía o número 4 do meu ascensor que...
moralmente falando, casi é tan malo sentirse culpable sin ter feito nada concreto como sentirse libre de toda culpa cando se é realmente culpable de algo...exactamente, verba por verba o que escribiu H.A. (2004:433) hai máis de corenta anos, segundo lin esta mesma noite. Así que satisfeita de ter pensamentos de altura quedo tranquila ollando o mar dende esta glamurosa terraza.



Foto: A.B.B. en Baiona.

jueves, febrero 18, 2010

O´C´29

Tiña pensado contactar con vostede para devolverlle certos documentos persoais seus que rescatamos A. mais eu hai algúns anos dunha preciosa casa en ruinas pouco antes da súa demolición. Algunhas escrituras de propiedade, fotos en blanco e negro e algunha en sepia que se eslúe cada día un pouco máis, unha vella carteira de coiro coas iniciais douradas do seu tío e, algunhas curiosidades que vostede ou a súa familia gardaron nun caixón algún día. Bah, cousas, a fin e ao cabo, cousas que quedan cando marchamos, provisional ou definitivamente. A maioría son a proba que acredita a vulgaridade da nosa existencia. Un preito por un curruncho de terra que fica hoxe vai ti saber onde. Un feixe de facturas e recibos da contribución escrupulosamente ordenados que me levan a imaxinalo a vostede con ese aceno de eterno cabreo que impón tanto respeto. Un precioso carnet de socio da máis selecta sociedade recreativa auriense dalguén da súa familia cun porte distinguidísimo. Algún salvoconducto como se precisaba para atravesar tanta fronteira nesa idade de pedra que foi a posguerra. En fin, papeis, cousas, obxectos. Agardarei algún tempo, que agora anda moi preocupado coas lideiras desa nova maxistratura que veñen de concederlle, e máis que virán. Vostede ben o merece por sabio e traballador. Malia todo, hoxe, cando o vin sorrindo apretándolle a man ao noso caciquiño de toda a vida, quitáronseme as ganas. De súpeto esquezo frases fermosas e requintadas páxinas que facían lexible algún xornal desta leira. Porque si, enténdoo, ten vostede que falar con todos, pero ese seu sorriso non é disimulado, esa aperta non é puro protocolo, digamos que se lle ve a vostede moi a gusto co noso político máis xeitosiño, o habelencioso continuador do sistema do carallovintenove que, para desgraza desta leira ten asegurada a súa política de "para iso ten que falar vostede con" durante moitos anos.

sábado, febrero 13, 2010

Malgré tout.

Malia todo, encántame ser muller, só dende este outeiro espido e exposto a climatoloxía máis rigorosa se pode disfrutar a gusto a ridícula propensión de tantos homínidos hiperevolucionados a ollarnos dende a atrofia conxénita e deliberada do seu ollo reptiliano. Dende este outeiro gozamos, algunhas ilusas, dos aloumiños dos escasísimos machos que aínda son quen de camiñar erguidos malia a gravidade animal dun pene que ameaza con turrar deles ata o centro da terra. E dende aquí, ademáis, non se escoitan as deposicións dos retrofalantes que seguen tremendo diante do feminino, bueno, do feminino e do singular, que xénero e número aquí teñen moito que ver, o que queira entender que entenda, e o que non que se achegue a un outeiro.

Pegada da foto: Elaboración propia nun fermosísimo recuncho da ría viguesa.

miércoles, febrero 10, 2010

Il a commencé à pleuvoir

Il a commencé à pleuvoir comme si de rien n´était, j´ai seulement été dérangée par la soif et je n´ai pas trouvé une seule goutte d´eau pour me mouiller les lèvres, j´ai failli vouloir me réveiller mais je suis restée figée, je n´ai pas fait s´elever de montagne pour arrêter la tempête et protéger au moins cette grande villa, j´ai fait confiance au pouvoir de l´improvisation et il est arrivé ce qu´il est arrivé, des cadavres partout, alors qu´un nuage gris souriait s´en allant peu à peu, sans me réveiller...(merci Floriannnnneeeeee!!!!)

martes, febrero 09, 2010

il fallait...

...il fallait se mettre à la place du personnage, malgré tout, maintenant...un, deux, trois verbes c´est suffisant, c´est la première fois que je vois les verbes s´arracher les cheveux, que j´écoute le bruit des larmes qui tombent par terre, il fallait...il fallait...chercher midi à quatorze heures, bien sûr, et salir les vitres pour nettoyer ensuite...je suis très fatigué d´en avoir assez. Ce matin j´ai relu Primo Levi, une autre raison de me réconcilier avec le contexte, pour ne pas me retenir ma joie...demain une autre page, peut-être...

Este primeiro achegamento á lingua de Molière, é resultado da grande amabilidade de Florianne Le Pen, que me corrixe e me anima. Bicazo wapa!
Photo: Une proposition de Titty Thusberg

lunes, febrero 08, 2010

To(l)os pola patria.

Si, A., a patria...unha desas verbas perigosas que deberían de asubiar a xeito de advertencia, que dicía Canetti. Unha, grande e libre, común e indivisible. Deberiamos construir un cárcere para estas verbas asasinas e trampeiras mentres non haxa mestres sensatos que lle aprendan aos cativos a manexalas coa precisión do reloxeiro. Verbas-larpeiradas de material inflamable que provocan unha irresistible predisposición a prender lume ao que simbolice a outras patrias, e por extensión a outras razas, nacións, tribos, sectas ou parroquias. A patria, cicais o invento menos gracioso do que gabármonos, pero máis efectivo que moitos deuses no que a inputs de holocaustos se refire. Pobres deuses anódinos que fuxen dos olimpos reocupados por impertinentes stakeholders que non respetan nin a antigüidade no posto. Que graza pode ter morrer e matar por deus nestas latitudes hipercivilizadas, eso é cousa dos que saen na televisión abaneándose ao tempo que memorizan absurdos versos sagrados, porque non son os nosos. Pero solidarizármonos cos mártires que sementaron o orgullo xentilicio, eso é outra cousa. Que importan as guerras, xenocidios, to(lo)dos polas patrias, polo noso, porque se respete a nosa superioridade de sermos diferentes dos que viven un pouco máis aló desa raia que alguén moi espelido debuxou non hai tantos anos. Que mais da quen fóra e para que o fixo. Agora hai que defender a terra reconquistada e prender un bo lume para que non se acheguen as feras. Vaia conto...¿quen traga con todo eso?
Recomendación de lectura.
Foto: Libreta escolar de Álvaro Blanco Vila, conservada polo profesor da Escola Pública "Mosteiro", en Bembrive, Vigo, e fotografada co permiso do autor. A libreta é do ano 1964.