lunes, noviembre 17, 2014

La sonrisa de Pablo Iglesias

¡que fenómeno P.I.! Todxs quieren hablar con él, no, medirse con él, en entrevistas que son puro acto de seducción. No son preguntas políticas las que le plantean, sino requiebros amorosos que buscan el placer que unx experimenta cuando es rechazado de plano con una sonrisa. Hoy fue Ana Pastor, la de los ojos-puñales, la sirena que no consiguió hacerse oír por Ulises.¡que divertido resulta todo, al margen de la seriedad plomiza que pueda imprimir un programa político! Resulta todo tan novedoso, ¿verdad?, de repente los políticos, periodistas, tertulianos, parecen momias chachapoyas del viejo Perú. ¿nos lo creemos? no, por supuesto que no, ya no confiamos en los líderes, porque todxs somos líderes en el enjambre virtual que describe el filósofo coreano. Todxs somos politólogxs por lo menos en potencia. Y sin embargo todxs, todxs, buscamos cómo desacreditarlo porque nos parece tan imposible que sea cierto....Que así, de la noche a la mañana haya aparecido alguien que dijese justito, justito, lo que nosotros querríamos decir. Ahhhh el populismo, ¡que manera de destrozar el placer!¡tener que compartir toda una visión del mundo! ¡estar de acuerdo en todo! ...y no poder admitirlo. ¡que emocionante está España! primero nos reunimos en las calles, tomamos las plazas, nos arrimamos a un micrófono y gritamos consignas postmodernas! Nos oyeron hasta en Wall Street y nos copiaron incluso, pero no valía, no teníamos líderes. Ahora tenemos un superlíder, pero tan completamente indiscutible que no puede ser cierto ¡que horror! ¿que hacemos? ¿como no emocionarnos con los puños en alto y no escuchar que se puede asaltar el cielo? Pues bien, yo voy a escuchar, voy a arriesgarme a creer desde la desconfianza absoluta, voy a ver la película hasta el final desde la confortable barrera que me proporciona mi estatus de ciudadana sin voz y sin voto, o no, o voy a traicionarles, porque quizás no todo es tan nuevo y todo estaba ya escrito otros programas sin tanto sex-apeal...ya veremos. De momento leo su tesis doctoral, a sus mentores y sobre todo escudriño su sonrisa, tratando de interpretar la sonrisa de P.I.

Post scriptum 18.11.14

Precisabamos abanear íntegramente a actualidade e Podemos prende cada día unha charamusca que deixa en evidencia a mediocridade da castísima clase política de aquí e acola, vexamos....unha perla:

Ánxel Vence: "Galicia necesita, hoy más que nunca, estrategias y alternativas pensadas desde aquí que, desde luego, no nos va a dar ningún gabinete de la Universidad Complutense de Madrid"

Vaia, faltaba esta visión no xa amplo espectro do contrapodemos, a denteira académica adobiada coa sacrosanta e amedrentada política do terruño, que graciosísimo está sendo todo, e que evidente está sendo a importancia económica duha papeleta, ¿alguén se anima a votar esta conta? ¿canto custa un voto? porque mira que se amoucan con estes afoutos madrileños que tamén queren o seu...

jueves, noviembre 06, 2014

Los enamoramientos, Javier Marías

Non sei por qué leo cousas que sei que non teñen que ver coas miñas preferencias literarias. A min gústanme as literaturas abisais, arriscadas, deliberadamente imperfectas, manieristas a tope. Gústanme os textos que se revelen contra o formato e empurren as páxinas con forza ata que as capas e as costuras rebenten e teñas que te erguer de súpeto para que o libro acougue. Gústanme os libros que no canto de liñas conteñan cabalos desbocados. Que as historias sexan tan incribelmente verdadeiras ou tan admisíbelmente falsas como para poñer en risco o equilibrio emocional dun lector medianamente empático. E se o risco non está na historia, xa digo, que os parágrafos se constrúan con materiais inéditos, ou con sintaxis e ortografías desaxustadas ata o límite que esixe a pretensión de conquistar unha vontade ou unha razón dunha lectora medianamente esixente. Podía ser este o caso, porque a historia non deixa de ser interesante, mais unha acaba por descubrir que só é unha disculpa para que o autor faga unha exhibición da súa capacidade discursiva. Non atopo moita emoción na autopsia psicanalítica dos personaxes. Parécenme rebuscados de máis. Rebuscadas. Para meterse na pel dunha muller fai falta ser algo muller, e Marías non o é moito. A narradora non logra convencernos. O autor, a xeito de demiurgo, quere construir unha muller moderna e intelixente, pero María Dolz é unha muller entregada que se rende ao amor e á xustiza, unha muller que renuncia. Eles tecen a trama e elas asisten e agardan. Supón o autor que a sabedoría e iso, ser quen de albiscar os peixes baixo a superficie pero non montar a caña, agardar que sexan eles, os outros os que se mollen e coman. Esa, para min, é a gran eiva da obra, ese non estar no mundo cando o que se pretende é, precisamente, mediante moreas de páxinas de reflexións interminables, achegarse ao cerne das grandes cuestións.