miércoles, diciembre 30, 2015

Orquesta Clasica de Vigo, orgullo para a cidade.


Onte, a Orquestra Clásica de Vigo agasalloun axs viguesxs cun concerto espectacular na que xa e una cita obrigada de cada Nadal con esta proxecto musical e pedagóxico de luxo con que contamos en Vigo.

Hai cen anos, tal e como lembra Stefan Zweig nas suas memorias "El mundo de ayer. Memorias de un europeo", xs cidadáns de centroeuropa abrían os xornais pola páxina de espectáculos antes de comezar a xornada de traballo. Zweig lembra a teima diaria coa que o persoal de servizo da súa casa consultaba as críiticas de óperas e teatro cunha paixón por manterse ao día das estreas e da cultura que hoxe resulta inédita. Logo do maxistral concerto de onte no Teatro García Barbón quixen imaxinar que o noso xornal tomaría nota e adicaría unhas cantas liñas á altura dun concerto que acadou o cheo total. De ilusions din que tamén se vive. O Faro Divino non deu artellado máis que un pobre parágrafo que non paga a pena ler porque nin informa nin convida a apuntarse a extraordinaria aventura que supón seguir as pegadas que esta fabulosa experiencia musical e pedagoxica significan para a nosa cidade.

Afortunadamente no progra de man Manuel Torres compuxo un extraordinario texto explicativo da función que é o correlato literario á altura da calidade musical do concerto. Seguro que non lle importa que o reproduza aquí, pois é a mellor información coa que podemos quedar xs que queremos manter na memoria as dúas deliciosas horas de onte. Velaí vai o texto:

   
Os clásicos son importantes e perviven no tempo non porque aparezan nun libro de historia ou porque alguén estea moi convencido da importancia dun autor ou outro. Seguen sendo lidos e estudados porque son atemporais, mostran historias que trascenden ao seu tempo e son capaces de conmover a persoas de distintas épocas. Seguen sendo vixentes. Este é o caso de Star Wars, unha saga fundamental que non só marca a tres xeracións distintas senón que, ademais, serviu para reformular o cine de ciencia ficción nos anos sesenta [...] Temas eternos como a loita entre o ben e o mal, xiros dramáticos propios das traxedias clásicas como a incapacidade para loitar contra o destino ou aspectos nos que se adaptan elementos do budismo e outras relixións. Recursos todos eles presentes nas grandes historias de dimensións épicas. Así comeza a historia de Anakin Skywalker e da súa condenación. Un heroe, segundo se recolle na cinta, chamado a devolver o equilibrio a forza que e tentado polo lado escuro. O reverso tenebroso que lle chaman, non é máis que outra forma de referirse ao acto poético de vender a alma. Traizoar a esencia e as conviccións construidas para alcanzar algo vetado. 
   Este é o tema que serve de fío conductor para este concerto, unha historia que se encarna coa obra de Fausto de Goethe...unha obra recollida por numerosos compositores do momento pola súa importancia para a configuración do idealismo romántico. Autores entre os que se atopan Richard Wagner e Héctor Berlioz, que poñemos en relación coa música de John Williams, no só pola temática e a épica das obras que tratan, senon pola estética da música sinfónica que compoñen.
   Fausto e Anakin Skywalker son dúas figuras semellantes que representan o espirito incansable do ser humano. Aquel ideal que busca a superación constante ante as limitacións do destino, neste caso co afan de abarcalo todo. Dous estudosos incansables que venderan as suas almas ao diaño para alcanzar o poder supremo. Nos dous casos veremos como se cruzara nas súas vidas a tentación dun lado escuro, algo en resumo prohibido. Mefistófeles no caso de Fausto e o emperador Palpatine -ou Darth Sidious- no caso de Anakin Skywalker, será os encargados de poñer sobre a mesa unha resposta que estes non daban acadado a través dos canais habituais. Dúas figuras que encarnan a tentación do camiño fácil para as mentes impacientes.
   Pero o desencadenante de todo non sera a posibilidade de explorar camiños prohibidos ou cuestionar o poder da "forza", especie de crenza na que se basea a relixión. que practican os personaxes da saga. Será a acción externa do medo ao inexorable da morte da muller amada o que inicie todo. Son eles os que intentan evitalo mediante o emprego das artes escuras, e a través delas caerán na súa propia trampa. Eles mesmos son os desencadenantes do destino terrible que tentan evitar. E aquí onde reside a traxedia e remata o tránsito ao lado escuro, condenando a Fausto a un mundo de maxia e viaxes no tempo e o espazo, e a Anakin tras a máscara dun malvado e implacable Darth Vader. Será a intervencion da amada de Fausto dende o ceo ou a acción de Luke Skywalker, quen redima a seu pai Anakin, liberándoo así do seu encerro interior e permitíndolle ver cos seus propios ollos. Unha acción que devolve o equilibrio a forza e otórgalle a salvación.


   Este concerto fía os conceptos das dúas historias e a estética das obras de Wagner e Berlioz coa música cinematográfica de John Williams para conseguir unha unidade baseada na diversidade. Estéticas musicais pensadas para o cinema que beben directamente da música sinfónica do século XIX, cuxo máximo referente e Richard Wagner. Componse asi mediante distintas obras un todo entorno, neste caso, ao tema do lado escuro e a condenación e redención dunha personaxe coma é Dart Vader. Porque detrás dun grande vilán hai unha grande historia.


   
Programa
Primera Parte
  • Main Title. A New Hope. John Williams (1977)
  • Anakin’s theme. The phantom menace. John Williams (1999)
  • Faust overture. Richard Wagner (1840)
  • Across the stars. Attack of the clones. John Williams (2002)
  • Light of the force. The return of the Jedi. John Williams (1983)
Segunda Parte
  • Here they come! John Williams (1990)
  • Faust. Marcha Rakuczy. Hector Berlioz (1846)
  • Imperial March. The Empire strikes back. John Williams (1980)
  • Duel of the fates. The phantom menace. John Williams (1999)
  • Battle of the heroes. Revenge of the Sith. John Williams (2005)
  • The throne room & Finale. John Williams

miércoles, diciembre 09, 2015

Contra a política espectáculo

Viron bailar un día a Obama e tiráronse todos ao monte, coma se se poidese facer un setemil só por poñer o mellor traxe de montaña. O cheiro a vulgaridade inunda un xa mefítico ambiente no que votar ben sendo unha escatoloxía obrigada por prescripción democrática. Os que non queren bailar con Pablo Motos ou facer o ridículo a carón do pseudo star Bertín Osborne quedan fóra de xogo. Así, lles pasa aos que adoecen dese concepto tan pervertido do sentido do humor co que hoxe se engalanan os homes bos da poítica. Quedan fóra por real decreto das empresas de estatística (que son os que mandan, sen ter que disimular un chisquiño) os partidos que chegaron ao parlamento polo pecado de ter acadado algún que outro voto...UPyD, Esquerda Unida...desaparecidos, porque si, porque o din os executivos do merchandasing político e non sei que outras andrómenas que andan a artellar o chasis da postpolítica. E a xentiña toda tragando con gusto os bocadiños de lixo que fabrican dous listos, que son os que teñen todos os andraxosos medios de comunicación que enchen o baleiro intelectual dunha meseta cultural que aspira á beleza da liña infinita que representa todo estado crítico...

Pero eso sí, sorrían, por favor....

Gracias Lidia Falcón, por persistir nesta loita

martes, diciembre 08, 2015

7D,¡zas! En toda la boca!

Lamentablemente constátase que a violencia machista non e nada que importe nin á nova nin á vella política, non é relevante o feminicidio nin para a esquerda nin para a dereita, a loita  contra os asasinatos de mulleres non da votos...e sinxelamente vergoñento, pero cicais o peor é que non nos decatemos de que votar entre as opcións que se presentan neste debate (non todas, non esquezamos que aquí só están as que interesan aos avarentos de audiencias) é un aldraxe e un insulto a todas as mulleres, así que acabo de decidir o meu voto, creo que será para algún dos que faltan neste circo, porque non dan ben en cámara. 
...

As verbas de atrás escribinas logo de case dúas horas dun debate aburrido e totalmente previsible no que os candidatos e non candidata ao poder pelexan polos refugallos do baleiro....ahhhh...paraaaaa....que van a falar de violencia machista e vas ter que merendar as túas verbas anabande...pois non....non, todavía é mais lamentable o bochornoso discurso que o desacougante silencio que viña de criticar. As cousas que importan de verdade suscitan discusión, mais cuando se menciona a violencia machista todos poñen cara de funeral e compiten en tópicos e estupideces nada máis rematar a vicepresidenta cunha arenga ás mulleres ollandoas fixamente a cámara "non vos deixedes controlar polo móbil"....é todo e que se lle ocorre, pois nada, a seguir morrendo! 

O post debate está a ser case tan desolador como o propio partido. Podía arbitrar o presentador de "jugones" e o espectáculo non desmerecería o mais mínimo. Eso si, boto en falta os foguetes e a festa rachada e mollada de fin de liga. A post política e puro espectáculo, so contan criterios de gañador/perdedor nun xogo no que só participan periodistas e candidatos. Son case as dúas da mañá e os candidatos e a non candidata aparecen abrazándose aos seareiros de camiño as súas sedes de partido como se tivesen gañado xa as eleccións. 

Desaparecen nos comentarios postdebate todas as referencias á violencia machista confirmando que aquela pose adusta e seria era só eso, unha pose, e que o tema das mortes de mulleres só foi un recreo para tomar folgos neste desacougante deserto do irreal. 

Felicidades AnaPastor and family, estivestes a altura do que se aguardaba no voso mundo.

Mais a min e a moitxs cidadánxs estannos a secuestrar o voto.

martes, noviembre 24, 2015

O Estado Islámico. Estado da Cuestión ou Cuestión de Estado.

Zizek, Slavoj. Islam y modernidad. Reflexiones y blasfemias
Os atentados de París foron cousa dun grupo terrorista chamado Estado Islámico. François Hollande, dende o primeiro instante evitou usar ese nome, referíndose e eles como Daesh, din que para acentuar o seu desprezo coa axuda da fonética (daesh soa en francés como déche, tache: miseria, mancha, respectivamente). Creo, mais ben, que o que o presidente francés quere realmente é evitar calquera relación da palabra "estado" coas repulsivas accións terroristas do ISIS. Nos baleiros e omisións, deliberadas, ou non, agóchanse decote as claves para entender situacións complexas. Do que non se fala, porque non se poida ou non se queira, pódense tirar conclusións relevantes, tanto a nivel individual (eivas emocionais relacionadas con traumas, tabúes ou complexos) como colectivo (déficits de liberdade de expresión, existencia de censura ou autocensura que delatan rexímenes autoritarios, etc.). 

   Do que non hai dúbida é de que Hollande non se permite (e indirectamente está mandando unha mensaxe de prohibición ao pobo tamén) o uso da verba "estado" para referirse aos terroristas responsables dos atentados de París. O "estado" é seu, é cousa dos franceses, mellor dito, dos xefes do Estado francés ("el estado soy yo", lembran?). Como moito o concepto Estado é dos europeos, pero nunca, en ningún caso cousa de terroristas. 

   É certo que o concepto de Estado (moderno) foi o resultado dunha morea de procesos moi complexos en Europa. De feito, a súa perfección significa no noso contexto cultural o fin da Idade Media, a grandes rasgos, e a conformación dun xeito de organización política que ten no Estado a súa razón de ser. 

   A revolución francesa sería só, e nin máis nin menos, o punto culminante e exitoso dun proceso de perfeccionamento que se desenvolveu ao longo da toda idade moderna e que só precisaba desfacerse dos refugallos do Antigo Réxime. Francia foi o país que coroou ese proceso, así que todos temos que entender, segundo semella dar por feito Hollande, que lle temos que estar case eternamente agradecidos aos franceses, posto que vivimos dos réditos que heredamos dos que loitaron por nós. Grazas e eles disfrutamos deses valores que son a nosa forma de estar no mundo: libertade, igualdade, fraternidade (sic?). Ata aquí a teoría. Pero imos ao "deserto do real", como diría o noso filósofo de hoxe. 

En primeiro lugar o concepto de Estado ten forzosamente que ser algo moito máis complexo que o que ten o presidente francés na cabeza. Cando Platón, Weber ou Marx falan de estado, non están falando do mesmo. Iso por non saír das fronteiras coas que se pretende pechar o noso contexto cultural, occidental, democrático e liberal. O que para uns é unha comunidade de dereito que se somete voluntariamente -ou non- a unhas leis, para outros é unha institución que representa a instituicionalización da violencia sobre o pobo (Weber). En todo caso, se pensamos no Estado do xeito máis neutral e obxectivo para a maioría, falamos dun modelo de organización política. Falamos de política ¿non?

Voltemos a Hollande. ¿por qué nega Hollande a existencia ou posibilidade de organización política no ámbito do islam? ¿E logo? preguntámonos, ¿non hai política no islam? ¿é só relixión?

No fragor dos acontecementos, que é diario dende o día dos atentados porque todos os días hai novas sobre accións terroristas, escoitamos das mesmas voces autorizadas de onte contradiccións tan flagrantes que nos avergonzan e nos violentan.

Os políticos máis relevantes -por ser a diana dos terroristas- negan ao inimigo a súa existencia como Estado, pero intelectuais tamén provistos de altofalantes dende hai tempo na prensa máis exitosa falan da existencia do Estado Islámico nunha simplificación teórica que só pode ser consecuencia dunha teima por meterlle ao cidadán dúas ideas simples na cabeza porque cicais non o consideran capacitado para máis. Antoino Elorza no diario El País, acredita no Estado Islamico como tal, así o di, porque existen os ingredientes básicos, a saber, poboación, leis e organización. O ISIS ten todo iso, así que é lexítimo chamarlle Estado. O que está a dicir, é que é lexítimo consideralo como real, como perigo real, así que hai que bombardealo.

...

   Certamente, si que é difícil pensar e moverse máis alá non só do pathos de solidariedade universal (é broma, claro), senón na lodazal de confusión e arbitrariedade no que nos movemos. O de ser ou non ser estado non é unha cuestión secundaria, porque ademáis de servir ou non para xustificar un ataque, persoalmente lévame a pensar no que sei, no que sabemos realmente da organización política no ámbito do islam.  Todos estes días tamén asistimos a unha exhibición de de clixés que tamén nos da pistas para investigar se os tomamos como o que son: veos textuais que agochan medos e belaleiros enormísimos, segundo o repita un imán dunha capital occidental ou un tertulián aborrecido de sí mesmo. "Non se trata dun problema rexilioso", din todos eles. Non, claro, cando falamos de Islam, estamos pensando en organismos unicelulares e as súas dificultades reproductivas. Claro que falamos de relixión. O que pasa é que se pensamos en termos relixiosos o territorio a combatir e os obxectivos a bombardear son inabordables. 

   Tiña a man a Zizek, sempre me saca de algún apuro intelectual cando a realidade interrompe de socato a rutina diaria. E como o asunto é o mesmo, tirei do andel o ensaio urxente que artellou nos momentos inmediatamente posteriores ao asunto de Charlie Hebdo. Lembrei que alí daba algunhas pistas importantes.

   Efectivamente, hai un concepto de estado no ISIS, radical e fanáticamente diferente ao occidental, e o cerne que o explica case todo. O que realmente importa ao grupo terrorista non é un estado regulador do benestar social, o que lle importa é a vida relixiosa, que toda a vida se atinxa as leis da relixiosas. Nesa enorme fenda que separa ambos os dous conceptos é onde temos que pescudar. Revolución francesa e EI aparecen no texto dun dos ideólogos máis relevantes do islam, precisamente o que inventou o conflictivo nome que Hollande on quere pronunciar, o Estado Islámico:  Abul Alá Maududi. 

to be continued.....




lunes, noviembre 23, 2015

Atentados de París. Xornalistas bébedos?

Os atentados de París están deixando ao descuberto demasiados baleiros. Os discursos simplifícanse ata o embrutecemento nunha indisimulada competición por gañar audiencia. Levo xa varios días lendo e escoitando titulares estarrecedores neste senso. O último foi nantronte. O titular no diaro El País dicía literalmente "Hasna, la yijadista que bebía y a la que le gustaba la juerga". É completamente insoportable. A cada hora que pasa o nivel de esixencia no relativo á rigurosidade da información cae ata niveis descoñecidos. Non preciso ler nada sobre Hasna para decatarme do desprezo que nesta noticia se fai da muller en particular, do público en xeral e dende logo de calquera código deontolóxico de mínimos no que á prensa se refire. Agora mesmo, no intre es escribir este post, consulto a páxina e o titular xa non é o mesmo, alguén na redacción debeu decatarse do exceso de perversión e mandou parar...porque agora o que pon é "Hasna, la juerguesta que murió como una yihadista". Non daríamos feito estes días se nos adicásemos a análise aínda que fose superficialmente do que se está a dicir. Estas son as cousas que nos amedrentan a unx poucxs, que eu quixera que fosemos moitxs. O nivel do discurso constrúese á medida do que se imaxina que é capaz de dixerir o cidadán, Lamentablemente a cidadanía, o pobo, é moi manipulable. Tanto, que se lle dis que para conservar a liberdade ten que deixar de opinar, de saír á rúa e de desconfiar do seu líder, pois así o fará. De feito, xa o estamos facendo. Uns quedando na casa, outros crendo o que din os xornais, eu calando, ti.... Igualiño que os cidadáns europeos dos anos 20. O que querían era orden, así que déronlle licencia para matar aos seus xefes e comezou a trifulca. Todo xa demasiado visto como para que non dé noxo. Stefan Zweig o relatou maravillosamente nas súas memorias....

...seguiremos falando disto...é unha obriga, agora máis que nunca...pensar, falar, escribir...

Próximamente: O EI é un Estado. Estado da cuestión. Cuestión de Estado.

martes, octubre 06, 2015

Café literario (Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo) : Memorias de Leticia Valle, de Rosa Chacel.


O meu máis "inaudito" agradecemento ás magníficas que o pasado día 30 de outubro asistiron ao debate spbre a novela "Memorias de Leticia Valle". A Rosa Chacel -perdoade amigas- en primeiro lugar por ter existido -un acto deliberado seu, por suposto-, e pola súa audacia e incluso diría eu, temeridade. Voltar a esta inconmensurable escritora acalmou parte da miña consubstancial rabia vital, e ata diría que me reconcilíou un chisco con este país, malia non acreditar eu na xustificación de fronteira ningunha. Grazas Teresa, Alma, Silvie, Corona, Ana, Ángeles, Chis, Victoria, María Jesús e ás outras cuxos nomes non puiden reter de tan concentradas na nosa angueira de destecedoras artesanais, penélopes invertidas e teimosas na procura dun achegamento mínimamente aceptábel perante a ollada dunha mestra que nos fai chiscadelas dende o outro lado. O inaudito segue aí, amigas, agochado entre puntos suspensivos e silencios enxordecedores que nos obrigan a seguir destecendo e rachando veos.  Aquí artellei un pequeno espazo para compartir interpretacións e ideas onde agardo quedemos conectadas. Grazas. Foi moi emocionante. ¡por Rosa Chacel!

sábado, marzo 21, 2015

A busca da orixe perdida das especies, Cristina Pavón

Dende que tiven o privilexio de ler o manuscrito da súa primeira e grandísima novela, Limiar de Conciencia, e malia a mala conciencia (neste caso a miña) de non ser quen de defender a capa e espada aquel texto para que fora o xusto gañador do Premio Xerais daquel ano, síntome en débeda con Cristina. Pero o meu desacougo durou o pouco tempo que pasou dende que a autora comezou a ser premiada.  Ao Premio "Modesto Rodríguez Figueiredo" pola súa obra "Cara a Tiananmen Square", engádese agora o recente Premio Carvalho Calero de Narración por este conxunto de relatos de título tan fermosamente evocador. Eu, de Cristina destacaría o seu degoiro polo coñecemento. A súa curiosidade por atopar a cerna das cuestións fundamentais. As que atinxen ás dúbidas máis transcendentes, que son tamén as que nos plantexamos na máis tenra infancia e que a pesar de todo o que levamos lido e reflexionado non damos resolto con toda a madurez que se supón que unha acada coa idade adulta. Cicais o máis precioso que atopo na súa escrita é precisamente a imposibilidade de acadar certezas nunha idade adulta que inxustificadamente privilexiamos fronte a aquela inocencia involuntaria coa que albiscabamos o mundo na infancia. Por iso a recuperación daquel paradiso perdido é a angueira á que se sacrifica a poesía, esa arqueoloxía sentimental na que procuramos reter, non un tempo pasado que polo simple feito de selo tivese que ser mellor, senón as primeiras impresións que o mundo exterior estampara na nosa conciencia. Aquel bruído, caloriña, insatisfacción ou incertidume sen adobiar por negociación ningunha con unha mesma, porque non tiñamos todavía a sensación de ter que defendérmonos de un mundo exterior nocivo e malvado que logo aprendemos que está aí para conspirar contra nós. O devezo de Cristina por reencontrarse con aquel eu inocente e puro materialízase en textos profundos e sinceiros que debuxan paisaxes das que tamén nós formamos parte. Recoñecerémonos nos intres recuperados por Cristina, fomos a súa irmá afouta, fomos a súa compañeira de cuarto curso da EXB, tamén fomos a meniña que sentou no valado, afastada dos compañeiro de colexio, porque quería facerse preguntas ela soíña. E somos tamén eses adultos despistados que procuramos respostas en máquinas do tempo de feiras e tamén en pílulas que prometen un pouco de calma neste caos de incertidume. Confiamos na ciencia e nos achados de xentes que pasaron a vida resolvendo unha fórmula matemática, pero prestamos tamén toda a atención ás estratexias coas que resolven a vida o común dos mortais, porque a sabedoría pode que sexa unha especie de equilibrio entre o desexo e a necesidade de insatisfacción. A Cristina preocúpalle a memoria, diríase que mesmo a obsesiona o perigo a perder esa especie de aleph que temos ao noso dispor para turrar de solucións xa probadas. É o medo á perder seguridade, esa que non precisabamos na infancia, cando a improvisación era a felicidade. Cicais non tiñamos que porfiar tantísimo en dominar o tempo, deterse fronte ao cabalo e abrazalo coma fixo aquel tolo marabilloso ¿non si?



lunes, marzo 09, 2015

Timbuktú



A violencia sempre é noxenta, pero fáiseme moito máis insoportable cando hai que tragar con ela por ser unha parte seica conxénita do ser humano. A imposibilidade de arredarse dunha mesma para analizar obxectivamente as demoledoras consecuencias do noso ser cicais sexa menos difícil cando temos ocasión de enfrontarnos a documentais como Timbuktú. Custa pouco empatizar con vítimas de alieníxenas que veñen a acabar con nós, pero entender as razóns da autodestrucción do xénero humano resúltame case imposible. Deberiamos desconfiar, cando menos de calquera relixión ou ideoloxía que nos dé seguridade. Porque a seguridade é o berce da disputa. Os que non comparten as nosas ideas pasan a ser enimigos irreconciliables. A partires de aí pouco camiño queda para coller pedras ou deseñar sofisticadas armas de destrucción. Por iso penso que o mellor é instalarse na dúbida permanente. Na incómoda pero inocua salubridade da inseguridade eterna. Se hai un deus que nos xulgue que o faga no máis aló, onde cicais non haxa sangue nin odio. Timbuktú resulta demoledora para o espíritu porque preséntanos unha paisaxe dunha beleza inaudita como contexto dunha estarrecedora realidade de vulgar violencia. A historia amósanos exemplos de que as maiores atrocidades contra nós mesmos ocorren en xeografías e tempos de desenvolvemento cultural. Non temos escusas. Occidente, o fachendoso niño das máis fermosas conquistas é quen de exportar telefonía móbil aos países menos desenvolvidos, mais non é quen de contaxiar unha miga de principio ningún de organización social pacífica. A talibanización non é cousa do outro, é a consecuencia da apatía na que durme o que ten as súas necesidades vitais ben resoltas. O fundamentalismo non é un xeito de pensar, é tan só un xeito de aniquilar ao que non pensa coma min. Unha das esceas máis belas de Timbuktú amosa unha moza interpretando unha fermosísima canción do seu país. Noutra unha peixeira local arríscase a unha pena maior por rexeitar unhas luvas para cubrir as mans. A afouteza das mulleres que se resisten á ignonimia é a única esperanza para unha comunidade ameazada de morte pola brutalidade dunha tradición roubada e traizoada. Timbuktú fíxome ben malia todas as bágoas coas que non disimulei a miña impotente empatía coa razón.