martes, octubre 06, 2015

Café literario (Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo) : Memorias de Leticia Valle, de Rosa Chacel.


O meu máis "inaudito" agradecemento ás magníficas que o pasado día 30 de outubro asistiron ao debate spbre a novela "Memorias de Leticia Valle". A Rosa Chacel -perdoade amigas- en primeiro lugar por ter existido -un acto deliberado seu, por suposto-, e pola súa audacia e incluso diría eu, temeridade. Voltar a esta inconmensurable escritora acalmou parte da miña consubstancial rabia vital, e ata diría que me reconcilíou un chisco con este país, malia non acreditar eu na xustificación de fronteira ningunha. Grazas Teresa, Alma, Silvie, Corona, Ana, Ángeles, Chis, Victoria, María Jesús e ás outras cuxos nomes non puiden reter de tan concentradas na nosa angueira de destecedoras artesanais, penélopes invertidas e teimosas na procura dun achegamento mínimamente aceptábel perante a ollada dunha mestra que nos fai chiscadelas dende o outro lado. O inaudito segue aí, amigas, agochado entre puntos suspensivos e silencios enxordecedores que nos obrigan a seguir destecendo e rachando veos.  Aquí artellei un pequeno espazo para compartir interpretacións e ideas onde agardo quedemos conectadas. Grazas. Foi moi emocionante. ¡por Rosa Chacel!